Publicación no BOE das bolsas:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2023-12318
Acceso á solicitude online:
Como solicitala:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
Destinatario:
Instrucións:
Todo o proceso da solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do MEC e FP. Unha vez cuberto, terán que imprilo formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vai a estudar antes do día que remate o prazo. A bolsa debe solicitarse on-line a través de:
Rexistrarse:
É necesario un usuario e un contrasinal.
✔ Se está rexistrado previamente para calquera outro trámite neste Ministerio, a conta segue sendo válida.
✔ Se nunca estivo rexistrado, clicar en «Rexístrese».
Pódese acceder á solicitude de bolsa de dúas formas:
✔ Con Cl@ve ou certificado electrónico. Se se accede desta forma, haberá que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao terminar de encher a solicitude) cubertos e asinados por quen corresponda e presentalos, mediante a aplicación, escaneados, antes do 20 de setembro.
✔ Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que xa se rexistrachou na sede electrónica. Se se accede desta forma, bastará con que se cubra a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no colexio antes do 20 de setembro. Neste PDF xa están os certificados que se necesitan.
Cubrir a solicitude:
✔ Ler con calma as instrucións.
✔ Cando se remate de introducir todos os datos no formulario, aparecederán as instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF.
No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para xustificar que se reúnen os requisitos para recibir a axuda. Tamén se deberán imprimir e presentalos no colexio antes do 20 de setembro.
Unha vez impresa a solicitude, será asinada pai, nai ou titor.
Tamén deben asinar a solicitude todos os membros da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración Tributaria a obter os datos económicos necesarios.
Unha vez asinada a solicitude, hai que presentala, xunto cos certificados, no centro onde se vaia matricular NO CURSO 2023/24
Ademais da solicitude e os certificados, á hora de presentala no centro é necesario adxuntar a seguinte información:
- Copia do DNI de todos os membros computables da unidade familiar
- Certificado de titularidade ou cotitularidade da conta corriente onde figure o solicitante da bolsa.
- Certificado de padrón colectivo dos membros da unidade familiar.
✔ É imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo, no centro educativo no que se está matriculado no curso 2023/24
✔ É importante conservar o xustificante que devolverán no centro, servirá, para xustificar que se presentou a solicitude.