Prazo: Do 24 de abril ao 19 de maio (ambos inclusive)
Lugar: Na secretaría do centro de 9:30 a 12:30 ou por mail ao enderezo administracion@pontedosbrozos.gal
SOLICITANTES:
Alumnado que xa está no centro e é USUARIO LEXÍTIMO (domicilio a máis de 2 km.) durante o curso 2022/2023: NON teñen que facer nova solicitude.
Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2022/2023: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024
Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o seguinte curso SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024
Alumnado de nova incorporación ao sevizo de transporte ou alumnado que necesite cambiar de parada: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024
Alumnado NOVO no centro: realizará a solicitude no momento da matrícula.
Os usuarios que causen baixa para o curso 2023/2024 deberán comunicalo na Secretaría ANTES do 21 de xuño.
DOCUMENTOS A PRESENTAR COAS SOLICITUDES: Impreso. Poden descargalo aquí : usuarios excepcionais ou usuarios lexítimos, ou solicitalo na secretaría do colexio.