APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 21/22

Prazo: Do 10 ao 21 de maio (ambos inclusive)

Lugar: Secretaría do centro de 9:30 a 12:30, previa cita ou envialo por mail ao enderezo administracion@pontedosbrozos.gal

Petición de cita: de 9:30 a 12:30 no teléfono 881.960.506

SOLICITANTES:

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO LEXÍTIMO (domicilio a máis de 2 km.) durante o curso 2020/2021: NON teñen que facer nova solicitude.

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2020/2021: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2021/2022

Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o seguinte curso SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2021/2022

 Alumnado de nova incorporación ao sevizo de transporte ou alumnado que necesite cambiar de parada: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2021/2022

Alumnado NOVO no centro: realizará a solicitude no momento da matrícula.

Os usuarios que causen baixa para o curso 2021/2022 deberán comunicalo na Secretaría ANTES do 28 de maio.

DOCUMENTOS A PRESENTAR COAS SOLICITUDES: Impreso (poden descargalo aquí : usuarios excepcionais ou usuarios lexítimos,  ou solicitalo na conserxería do colexio, sen cita previa) e volante de empadroamento simple.