Skip to Content

Escolares

Magosto 2023

Onte foi día de festa na Escola!

 

Como xa nos anunciara Sabedoriño, disfrutamos todos xuntos dunha boa Castañada:

 

Antes deso, picamos as castañas para que non estouparan: 

No Pindo, ás castañas pásalle como aos pementos de Padrón: unhas teñen o becho e outras non! Risa

Así que a cativada de 1º,2º e 3º aproveitou para ver co microscopio como son os vermes!

 

E, unha vez que xa tiñamos o papo cheo, deron comezo os primeiros xogos Pindolímpicos!

Aquí vos quedan algunhas fotos do campionato...

Día das Letras Galegas II

COÑECENDO UN POUCO MÁIS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Hoxe luns 22 de maio, veu visitarnos Caxoto. coa Trastenda dos Contos. Grazas a el aprendemos máis sobre a historia das Letras Galegas e os seus homenaxeados. Canto rimos con el!

 

Día das Letras Galegas I

CONMEMORAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres 19 de maio xuntámonos todos e todas para celebrar o Día das Letras Galegas. Para comezar, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contáronnos a biografía de Francisco Fernández del Riego e léronnos unhas fermosas poesías que crearon en galego. Despois os de infantil descubriron palabras en galego e crearon un mural de peixes con elas e tamén nos ensinaron as caricaturas que fixeron de Don Paco (nome co que chamaban a Francisco) e despois todos xuntos cantamos e bailamos unhas cancións, rematando coa interpretación á frauta da canción "Ondiñas Veñen".

RECORDOS DA NOSA SAÍDA Á CORUÑA

RECORDOS DA NOSA SAÍDA Á CORUÑA

Para volver con ánimos e forzas das vacacións de Semana Santa e así afrontar este derradeiro trimestre con ganas, traémosvos unhas poucas fotos da nosa viaxe á Coruña.

Saímos en bus dende a escola ben cediño para chegar a un destino que nos facía moita ilusión: O AQUARIUM FINISTERRAE!! Alí atopámonos co noso amigo Gastón e unha guía moi agradable contounos moitas cousas interesantes sobre os peixes que alí viven. Sabiades que Dori (a da película de Buscando a Nemo) é un peixe tropical que vive en augas quentes e cuxo nome é "peixe Ciruxián"? O seu nome vén pola agulla que ten na cola e a cal emprega para defenderse dos seus depredadores cando está en perigo ou se ve atacada. Canto aprendemos!

Despois de comer todos xuntos fomos á Torre de Hércules e vimos a Rosa dos Ventos mais o vento e a choiva fixeron que a visita fora máis breve do que queriamos. Corremos cara o bus e xa moi cansos despedímonos da cidade Herculina.

Concurso de fotografía

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fixeron un concurso de fotografía ca profe María. O tema do concurso era "As Cores da Vida". Despois de facer votación na clase de maneira anónima, as tres gañadoras foron Dania, Carlota e Ariana. Noraboa chicas!

  • Dania recibiu o 1º premio coa súa foto "A -4 grados cun sol ao cadrado”.
  • Carlota recibiu o 2º premio coa súa foto "Atopei a Nemo". 
  • Ariana recibiu o 3º premio coa súa foto "Un queixiño colorado rodeado de algodón”.
     

 

 

Día de Rosalía

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte, 28 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro a través dun contacontos ilustrado e con música en directo do colectivo Polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada). 

Contáronnos a biografía de Rosalía dunha forma moi divertida e despois convertímonos en verdadeiros ilustradores! Seguindo as indicacións do ilustrador Carlos, cada un de nós fixemos unha caricatura de Rosalía. A verdade é que quedaron xenial e pasámolo en grande! 

 

 

Día de entroido

VENRES DE ENTROIDO

O derradeiro día da semana fixemos a festa de Entroido. Para comezar a mañá fixemos unha merendola todos xuntos que prepararon con moito agarimo as nosas familias: filloas, orellas, rosquillas... chupamos os dedos! Coa barriga chea saímos ensinar os nosos disfraces polo pobo, fixemos un pasarrúas ata O Sinal acompañados pola xente do pobo e as nosas familias. Xa de volta na escola comezou a troula e as actuacións: bailes, rap, testamento e xuízo do Meco amenizaron o final da festa. Para rematar o día queimamos, como marca a tradición, o Meco e desfrutamos dun tempo de xogo todos xuntos.

 

 

Semana de entroido

SEMANA DE ENTROIDO

A semana do entroido no cole foi do máis divertida. Primeiro comezamos o entroido cos mandadiños do Meco:

 

Cada día viñamos disfrazados co que o Meco nos mandaba: o primeiro día algo na cabeza; o segundo día algo na cabeza e os calcetíns e os zapatos desparellados e por último, algo na cabeza, o calzado cambiado e o noso pixama máis orixinal. 

O xoves, todos en pixama, FIXEMOS ROSQUILLAS! Aquí podedes ver o bo cociñeiros que somos e o ben que nos quedaron. No recreo zampámolas todas e non quedou nin unha. Estaban boísimas!

 

 

-DÍA DA PAZ-

-DÍA DA PAZ- 30 DE XANEIRO

 

Hoxe conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz na escola e fixémolo da mellor maneira posible, reuníndonos todos e todas no noso ximnasio para compartir ideas sobre que é para nós a Paz. Para iso fixemos unha gran pomba branca que enchemos de plumas feitas coas nosas mans, cada unha das cales levaba un mensaxe a prol da paz, o cal lemos diante do resto de compañeiros e compañeiras.

Tras isto, coa axuda da profe Carmen e a súa guitarra, fixemos unha adaptación da canción O Día da Paz de Pablo Díaz.

Agora só nos queda plasmar as nosas mans brancas na pombiña para rematar o noso manifesto a favor da Paz no noso día a día.

 

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

O pasado día 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero. Entre todos os nenos e nenas do colexio creamos unha porta violeta e nela escribimos cousas positivas e negativas coas nosas mans. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut