RECORDOS DA NOSA SAÍDA Á CORUÑA
Para volver con ánimos e forzas das vacacións de Semana Santa e así afrontar este derradeiro trimestre con ganas, traémosvos unhas poucas fotos da nosa viaxe á Coruña.
Saímos en bus dende a escola ben cediño para chegar a un destino que nos facía moita ilusión: O AQUARIUM FINISTERRAE!! Alí atopámonos co noso amigo Gastón e unha guía moi agradable contounos moitas cousas interesantes sobre os peixes que alí viven. Sabiades que Dori (a da película de Buscando a Nemo) é un peixe tropical que vive en augas quentes e cuxo nome é "peixe Ciruxián"? O seu nome vén pola agulla que ten na cola e a cal emprega para defenderse dos seus depredadores cando está en perigo ou se ve atacada. Canto aprendemos!
Despois de comer todos xuntos fomos á Torre de Hércules e vimos a Rosa dos Ventos mais o vento e a choiva fixeron que a visita fora máis breve do que queriamos. Corremos cara o bus e xa moi cansos despedímonos da cidade Herculina.