Benqueridas familias, e benqueridas alumnas e alumnos do Pepe de Xan Baña:Para os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é unha honra estrear este blogue. Énchenos de ledicia escoitar tanto galego na voz das nenas e nenos, e queremos aproveitar para darvos as grazas por ter escollido dirixirvos @s vos@s pequen@s na nosa fermosa lingua. Grazas a que elas/es o falan, está garantido o futuro do galego.
O Concello de Santa Comba, tendo en conta as dificultades de moitas familias para poder conectarse as clases virtuais e poder seguir adiante con ditas clases e acceder ós materiais educativos, pon a disposición de todas as familias do noso Concello unha aula para poder facilitar a conexión a internet.