Skip to Content

OFERTA DO CONCELLO DE SANTA COMBA

O Concello de Santa Comba, tendo en conta as dificultades de moitas familias para poder conectarse as clases virtuais e poder seguir adiante con ditas clases e acceder ós materiais educativos, pon a disposición de todas as familias do noso Concello unha aula para poder facilitar a conexión a internet. 

A partir do próximo luns 18 de maio, todos os días de luns a venres de 10:00 a 13:00, e os luns tamén pola tarde de 16:00 a 17:00h a Aula CEMIT, no edificio Multiusos estará a disposición de todos os nenos e nenas, mozos e mozas que precisen conectarse a Internet para poder seguir cos seus estudios. 

Terán prioridade sempre os alumnos de secundaria e últimos ciclos de primaria.

Recordar que será necesario o acceso a aula con lucas e mascarilla e mantendo sempre a distancia e outras normas de seguridade.

Sinaler tamén que a aula, neste horario será para poder conectarse e traballar aspectos educativos e sempre pensando nas familias q non teñen conectividade nos seus fogares.

 



blog | by Dr. Radut