Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. 

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

A solicitude tamén pode descargarse no documento adxunto e presentar presencialmente no centro.

Documentación a entregar:

- ANEXO I debidamente cuberto.

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

- Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

- Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado de imputacións de renda do exercicio 2021 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida. no caso que corresponda.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2021, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE FONDO DE LIBROS E MATERIAL.pdf1.61 MB


blog | by Dr. Radut