FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/2023
Publicouse no DOG do mércores 18 de maio de 2022 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria.
As solicitudes presentaranse via telemática a través da aplicación Fondolibros, SEDE ELECTRÓNICA ou presentando o documento adxunto (Anexo I e II) presencialmente no centro. O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ata o 22 de xuño ambos incluídos.
O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde esté admitido para o vindeiro curso 2022-2023.
DATAS IMPORTANTES:
-
Publicación listaxes provisionais: 27 de xuño.
-
Reclamación ás listaxes provisionais : ata o 1 de xullo (inclusive).
-
Publicación listaxes definitivas: 5 de xullo.
-
Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º a 6º de EP: en setembro.
-
Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 1 ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I E ANEXO II. SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.pdf | 1.02 MB |