AXUDAS PARA MÁSCARAS CURSO 2021/2022
Tal e como se recolle na Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, procederase a distribución de máscaras para o alumnado que así cumpra os requisitos.
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria.
- Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.
- Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES
Forma de presentación de xeito presencial no centro educativo.
Prazo: dende o 15 ata o 26 de novembro de 2021
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Anexo I-II cuberto.
Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
• En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
• Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros da unidade familiar utilizando algún dos seguintes medios: o Certificado ou volante de convivencia. o Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familiar.
• No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán achegar o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
• No caso de situación de violencia de xénero documentación acreditativa.
Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde distribución de máscaras 2021-22.pdf | 747.25 KB |
Anexo I-II.pdf | 1.23 MB |