Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Tal e como se establece na Resolución do 20 de setembro de 2021, realizarase próximamente a renovación do Consello Escolar.

A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto estará integrada por:

- A directora

- Un profesor/a

- Un pai/nai/titor legal

- Representante PAS

Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

RESULTADO DO SORTEO

- Profesor: Pablo Tarrío Goy

- Nai: María del Carmen Abelenda Canedo

- Representante PAS: María José Suárez García

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e poderán seguir nesta mesma web.

 Xa están publicados os datos do censo electoral no taboleiro de anuncios do centro, se se queren consultar.
  • Datas importantes:
      • Do 9 ao 16 de novembro: Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores.
      • 22 de novembro: votacións.  
  • Compoñentes do consello escolar no noso centro:
    • Directora (presidenta)
      • 2 representantes do profesorado.
        • A renovar 1 nesta convocatoria
      • 2 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 1 nesta convocatoria.
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.
 
Xa está publicado no taboleiro do centro, as candidaturas presentadas por parte das familias.
 
A votación será o vindeiro luns 22 de novembro de 2021, dende as 14:30 ata as 17:30 horas.
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Normativa que regula o proceso:
 
 
 
AdxuntoTamaño
CANDIDATURA PAIS.odt42.16 KB


blog | by Dr. Radut