AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). Toda a información, premendo no enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002
Dita orde establece o procedemento para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS ou SEDE ELECTRÓNICA.
O prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021.
ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS
SOLICITUDE PARA DESCARGAR: ANEXO I E ANEXO II
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSTRUCIÓNS FONDO LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL.odt | 45.62 KB |