Skip to Content

Blogues

CONSELLOS PARA MERCAR MASCARA

COMEZO DAS CLASES - CURSO 2020/2021

O xoves 10 comezarán as clases co novo horario de 9.30h a 14.30 co servizo de comedor (ata ás 15.30h) e transporte para o alumnado de 4° e 5° de Educación Infantil e 1°, 2° e 3° de Educación Primaria.

O venres 11 comezará o alumnado de 6° de Educación Infantil e 4°, 5° e 6° de Educación Primaria.

 

Lémbrase ás familias do alumnado usuario do comedor escolar que aínda non entregou o MODELO DE AUTODECLARACIÓN que debe presentalo ANTES DO DÍA 11.

PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19

En breve presentaremos o noso plan de continxencia á Covid, seguindo as instruccións oficiais do 31 de agosto.

Adxuntamos un resumo da liña principal de actuación e o modelo de declaración responsable.

 

REUNIÓNS COS TITORES

As titoras e titores poñeranse en contacto coas familias para facilitar a información necesaria.

 

Continuamos co plan de merendas saudábeis.

Merendas saudábeis

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

Queda aberto o prazo para a solicitude de becas para o alumnado con neae ata o 30 de setembro. Adxuntamos o enlace da convocatoria.

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil...

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS

A partir de hoxe, día 20 de xullo do 2020 está colgada a listaxe definitiva do fondo de libros no taboleiro do colexio.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS

Estes listaxes poden ser consultados no taboleiro de anuncios do centro. O día 20 de xullo saerá a listaxe definitiva. Os libros serán distribuídos en setembro.

COLABORADORES DO COMEDOR

Quen desexe formar parte dos colaboradores do comedor pode facer a súa petición a partir de agora.

AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR

As familias dos comensais admitidos no comedor deberán traer cuberta esta documento de autodeclaración ata o 11 de setembro, agás o alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33 %

Distribuir contido


by Dr. Radut