Skip to Content

Blogues

COMUNICADO OFICIAL

Según o acordo ministerial EFP/365/2020 do 22 de abril publicado a día de hoxe 24 de abril no B.O. E.

constatamos as seguintes directrices xerais:

- O máis fundamental é o coidado das persoas.

- Mantemento da duración do curso.

- Adaptación da actividade lectiva ás circunstancias, tendo en conta ó alumnado con dificultades de conexión dixital e as necesidades educativas especiais.

- Flexibilización do currículo e das programacións didácticas, desenrolando actividades de recuperación, repaso, reforzo e si é necesario aplicación das aprendizaxes anteriores.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

"

Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

TERCER TRIMESTRE

Tal e como se indica no documento oficial do enlace que aparece en esta páxina que contén as orientacións provisionais para o tercer trimestre, estaremos pendentes en todo momento das recomendacións sanitarias. 

O calendario escolar continúa. Adaptaremos as actividades como xa se viña facendo, estando pendente do alumnado sen conexión dixital. 

No blogue de Orientación atoparedes información para as dificultades de aprendizaxe así como recomendacións xerais.

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020

O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.

 

DÍA MUNDIAL DA ARTE

Xa que hoxe é o Día Mundial Da Arte, desde a biblio faise unha proposta especial. Consultade o blog de Fuco!

 

Deixade voar a imaxinación e por si queredes ideas aquí van algúns enlaces:

 

Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

O pasado 24 de marzo ASEIA puxo en funcionamento  o "Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos" que está a ser atendido por profesionais da psicoloxía clínica ou sanitaria, traballo social, enfermería e educacion social, todos eles con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia. A atención realízase telefonicamente e é gratuíta. O programa estará activo mentras se manteña o estado de alarma. Durante esta semana a atención será tamén de luns a venres incluíndo os días festivos.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA

Para aquelas e aqueles que botades de menos a actividade física, María, a mestra de Educación Física, propón distintos bailes para mover o corpo na casa durante estes días.

Podedes descargar os vídeos dende o seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1DqxJX-gT5XpFpB6SH6vvp7l-nDtSPj8w

Azukita:  para 1º e 2º de Educación Primaria.

Reggaetón lento, Havana Camila e Que va: para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día, no seguinte enlace podedes descargar as actividades propostas para o alumnado de E.I.

https://drive.google.com/drive/folders/1_03x5OFUO05Km0JA6EiTWM4Tkc10Epx-?usp=sharing

Distribuir contido


by Dr. Radut