Skip to Content

Blogues

Días non lectivos

Infórmase á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña que o 27 de febreiro e o 20 de marzo, foron escollidos por votación como días non lectivos. 

Máis ca libros!

No noso colexio podemos disfrutar dunha biblioteca de libro, organizada por recunchos. Ademáis este ano seguimos formando parte do PLAMBE, do Proxecto Escornabots e do Proxecto Radio na Biblio.

Máis ca libros!

No noso colexio podemos disfrutar dunha biblioteca de libro, organizada por recunchos.

Breve Historia do Feminismo Galego

No día de onte os alumnos de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria acudimos a Biblioteca Municipal de Santa Comba para desfrutar, de forma lúdica e divertida, dun repaso sobre a historia do Feminismo Galego. Alí, Antía Yañez, transmitíu os valores básicos deste movemento de igualdade, e aclarou ideas erróneas e conceptos equívocos que moitas veces temos sobre este termo.

 

 

Un ano máis contamos cun auxiliar de conversa ;-)

Para o curso 2019 / 20 dámoslle a benvida a Diego que ven de Denver, Colorado.

 

Música tradicional no colexio.

Onte un membro da Asociación Axio Mouro, de Santa Comba, veu a facer unha mostra de música tradicional ao noso cole. Coñecemos as distintas pezas que compoñen unha gaita galega e tivemos a oportunidade de escoitar unha muiñeira en directo, na que participou tocando a pendeireta Alberto Coya, mestre e secretario do noso centro.

Dende a asociación informáronnos que imparten clases de gaita, pandeireta, percusión e baile galego para nenas e nenos a partir dos 4 anos, e que son flexibles cos horarios das mesmas para adaptalos aos horarios do noso centro.

Benvid@s oa curso escolar 2019/2020

Comeza un novo curso: o 2019/2020

Esperamos ter un ano cheo de ilusión, alegría e moitísimo aprendizaxe.

A entrada ao cole foi do máis relaxada (co obradoiro de relaxación) e animada. Houbo actividades deportivas e unha  gran sorpresa que gustou moito: os cativos deixaron voar os papaventos que foron adquiridos para a ocasión.

Novo inicio de curso.

Para celebrar a benvida ao novo curso levamos a cabo unha serie de talleres nos que tanto maiores coma pequenos o pasamos en grande. Entre os diferentes talleres fixemos: taller de natureza, no que investigamos e clasificamos algunhas das diferentes especies de árbores e de plantas que hai no colexio. respecto a este taller dicir que non rematou aquí, posto que este curso o patio e a contora do cole será o eixe vertebrador dos nosos proxectos.

Data e hora da reunión de nais e pais do alumnado de Educación Infantil

O próximo luns 9 de setembro ás 12:00 horas celebrarase a reunión informativa para nais e pais do alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).

Distribuir contido


by Dr. Radut