Skip to Content

Blogues

MANUAL SOBRE O CORONAVIRUS ACCESIBLE COGNITIVAMENTE

É necesario que o noso alumnado máis pequeno comprenda a información sobre o coronavirus e todo o que nesta situación excepcional está pasando.

Enlaces e exercicios en inglés

Para os máis cativos Barrio Sésame en inglés ofrece xogos, cancións e vídeos: 

https://www.sesamestreet.org/home

A Nasa ofrece os nenos e nenas descubrir con eles o universo:

https://spaceplace.nasa.gov/

Nesta páxina atoparedes diferentes tipos de recursos en inglés:

http://www.primaryresources.co.uk/

Diversos exercicios en inglés

A Editorial Oxford coa que estamos en contacto tivo a cortesía de colaborar con nós, ofrecendo os seguintes exercicios. O longo das seguintes semanas engadirei enlaces e máis material.

Para os que desexen facer sopas de letras en inglés e practicar vocabulario recomendo a páxina web bogglesworldesl.com

Guía de axuda para afrontar a crise do coronavirus

Aquí van algunhas propostas que poden servir para afrontar mellor a situación, grazas a os compañeiros/as que comparten e publican diversos materiais para toda a población:

Orientaciones para la gestión psicológica de la cuarentena por coronavirus

( Guía del Colegio Oficial de Psicología de Madrid)

PROPOSTAS LÚDICAS DENDE A BIBLIOTECA (Contos, xogos, manualidades...)

Dende o equipo de biblioteca deixámosvos o seguinte enlace: 

http://abibliodefuco.blogspot.com/

Nel atoparedes distintos recursos lúdicos para toda a familia, como: xogos, contacontos, manualidades e moitos outros recursos educativos. 

Entroido 2020

Boas días. A continuación adxuntamos unhas fotos do pasado venres, día no que festexamos o entroido polas rúas de Santa Comba. Por vez primeira, tivemos a sorte participar xunto a outro alumnado da contorna no desfile anual de entroido, toda unha festa de música e cores.
Despois da comparsa, puidemos disfrutar de doces típicos destas datas, elaborados todos eles polas familias do noso alumnado, as que sen dúbida lle estamos moi agradecidos.

 

A clase de terceiro aprende a facer iogures!

Unha bióloga achégase ata o centro para contarlle aos nenos e nenas de terceiro os pasos para converter o leite en iogur!! 

Logo, puideron levar para degustar na casa as súas elaboracións

Día Mundial da Radio e visita do CRA Novo Amencer

Hoxe foi un día moi especial para nós, non só porque fose o Día Mundial da Radio, senón tamén porque hoxe recibimos unha visita moi especial. Viñeron a visitarnos as alumnas e alumnos do CRA Novo Amencer. Participaron  con nós en diversas actividades, algunhas delas relacionadas ca radio, e outras ca convivencia, os contos e os xogos. A continuación deixámovos unhas fotos do día de hoxe.

 

Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia

Para conmemorar o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, comezamos a investigar sobre algunhas mulleres relevantes do mundo da ciencia. Por agora presentámosvos estes magníficos debuxos.

 

CONECTÁMONOS pola PAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut