Estimadas familias;
Pouco a pouco imos retomando actividades prepandémicas. Por tanto comprácenos anunciar que retomamos a organización de recreos con algunha que outra variación.
A diario os nosos pequenos poderán disfrutar dos espazos de lecer que estarán organizados da seguinte forma:
- Zona Baile: Nas gradas e laterais da pista poderán seguir con bailes e coreografías con distintas seleccións musicais. As listas de reprodución adaptaranse á festividade ou proxecto de centro.
- Zona de xogos de patio: Brillé, xogo da pedra, combas, pano, chapas, vampiro… As zonas que rodean a pista poderanse adicar a diario a estes e outro xogos.
- Patio de Infantil: Temos motos, patíns e bicis de iniciación. Na pista temos pintado un circuito de Educación Vial no que poderán practicar coma futuros condutores e peóns. Luns e venres serán os recreos sobre rodas. O resto dos días disporán de pelotas.
-
Sistema de préstamo de material de Educación Física: O patio converterémolo en moitas ocasións nunha extensión da sesión de EF. Por exemplo: se o grupo de 2º de primaria está con unha Unidade Didáctica de Discos Voadores, poderán sacar o material do pavillón para practicar nos recreos. Incluso poderán practicar na casa con un sistema de préstamo similar ao da biblioteca.
Organización da pista central do patio de primaria:
Luns e mércores, fútbol: Atendendo a demanda dos máis futboleros, reservamos a pista central para que sigan cos seus torneos.
Martes e Xoves, baloncesto. Nestes días repartiremos pelotas de baloncesto, 2 por canastra
Venres,día de patinaxe: Os venres poderán traer os seus patíns. Se vides no transporte non poderedes traes monopatins tipo scooter salvo que sexan plegables.
A maiores o centro dispón de 6 patíns que deixaremos ao noso alumnado
No patio poderedes ver unha táboa que resume a distribución de espazos.