Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

SAMAÍN 2024

Inauguración da biblio de Cipriano con Bea Campos

Este curso Cipriano ven con moita forza e ganas de facer cousas diferentes. Como o proxecto do cole é "Contando con Cipriano"que mellor que inaugurar a nosa biblioteca cunha gran contacontos. Bea Campos. Foi todo un luxo para o alumnado e mestr@s acudir a esta actividades. Un millón de grazas Bea por cruzar toda Galicia e facer unha paradiña na Península Da Paz.

 

CIRCULAR INFORMATIVA ELECCCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Estimadas familias:

Dende finais de outubro  e ata o 2 de decembro, terá lugar o proceso de RENOVACIÓN PARCIAL  dos membros do CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO.

Corresponde renovar 3 nais/pais e 2 mestres/as.

O CENSO ELECTORAL dos pais/nais está exposto no taboleiro e poderán presentar reclamacións ao mesmo.

 

Poden presentar a súa candidatura calquera pai, nai ou titor legal dos alumnos e alumnas que pertenzan a este centro e que consten os seus nomes no censo.

O prazo de presentación  de candidaturas é dende o día 29 (martes) de outubro ata o 8 de novembro, ámbolos dous inclusive. Os/as interesados/as deberán recoller impreso oficial na secretaria do centro.

 

O día 11 de novembro (luns) a XUNTA ELECTORAL , proclamará e fará pública a relación de candidatos/as presentados/as, así como as reclamacións ao censo.

 

Tamén o día 11 (luns), procederase ao sorteo público para elixir aos pais e nais que constituirán a MESA ELECTORAL.

O día 19 (luns) terá lugar a VOTACIÓN, a partir das 17:00 h. ata as 19:00 h. No local do Departamento de Orientación do Centro.

 

NOTA: 

O voto será directo, segredo e non delegable.

Cada elector/a terá que acreditar a súa personalidade mediante o DNI.

 

 

PREGAMOS A SÚA PARTICIPACIÓN.

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro terá lugar no CEIP Península da Paz a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Segundo o Decreto 92/1988 do 28 de abril e a  Resolución do 10 de setembro de 2024, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No CEIP Península da Paz, correspóndenos renovar tres nais/pais e dous mestras/es. O luns, 21 de outubro, celebrarase o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso.

O 25 de outubro procederase á constitución da mesma e irase publicando toda a información relacionada.

Dende o Centro,animamos ás familias a formar parte do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias.

CURSO SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO

MENÚS DE COMEDOR DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No día de onte pola tarde, fixéronnos chegar os menús do comedor do primeiro trimestre. Podedes consultalos nos arquivos adxuntos. 

Un saúdo

Asociación "Educando en familia"

Estimadas familias. 

Un ano máis o noso centro colabora coa asociación  e temos previsto desenvolver as actividades de EDUCANDO EN FAMILIA no presente curso.

A ACTIVIDADE ESTÁ DESEÑADA PARA FAMILIAS DE NENOS ENTRE 0 E 6 ANOS. Remitimos no arquivo adxunto CARTA INFORMATIVA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE. 

Un saúdo.

Menús comedor escolar mes de setembro!

No arquivo adxunto tedes acceso aos menús para o vindeiro mes de setembro, así como as recomendacións para as ceas.

Distribuir contido


by Dr. Radut