Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

MULLERES PROTAGONISTAS DO 8 M NO PENÍNSULA DA PAZ

Axenda chea de actividades en torno ao día da MULLER na semana do 8 M.

Grazas ás familias polas vosas aportacións. O EDLG fixo un bonito mural que temos exposto no primeiro andar.

Viñeron a visitarnos xogadoras do BURELA FS, Caridad, Cilene e Rafinha. O mellor equipo do mundo!!!!

Tamén tivemos a Kenia López, surfista de 16 anos que se atopa no top 12 de Europa na categoría sub 21,  que trouxo unha bonita presentación do seu deporte e da igualdade. 

Grazas de novo á Fundación ALCOA  e as súas traballadoras coas que poidemos tamén coñecer de primeira man o papel da muller na factoría.

Por último, moitas grazas tamén a Irene del Río (corpo técnico da selección española de fútbol)e á familia de Pelayo por facernos chegar un motivador  video para celebrar este día.

Como sempre, temos todo documentado. Deixámos un vídeo resumo do 8M e o que nos enviou Irene:

 

 

8 de marzo. DÍA DA MULLER!

ADMISIÓN curso 2024- 2025

Estimadas familias:

Comeza en breve o prazo de admisión para todo o alumnado novo que se incorpore ao noso colexio. 

 

Non coñeces o noso centro? 

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Do 1 ao 20 de marzo de 2024, presentación da solicitude de admisión (modelo ED550B adxunto), para todo o alumnado que se incorpore novo ao centro en calquera dos seus niveis.

✔ Antes do 25 de abril, publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos.

✔ Antes do 15 de maio, publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

✔ Do 20 ao 30 de xuño, formalización da matrícula (4º de EDUC. INFANTIL e 1º PRIMARIA ).

O alumnado restante matricúlase de oficio.

NOTAS INFORMATIVAS

O alumnado xa matriculado no centro non ten que realizar reserva de praza no centro.

✔ O alumnado xa matriculado no centro que queira cambiar de centro deberá presentar a

solicitude de admisión no centro no que pretende matricularse e enviar copia desa solicitude a este centro.

✔ Permitirase a presentación das solicitudes a través da aplicación na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia por parte das familias.

✔ Na solicitude de admisión pódense incluír ata 6 centros por orde de preferencia. Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.

Serán desestimadas todas as solicitudes que incumpran esta norma.

A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores. (Anexo II- Modelo ED550B). Libro de familia e DNI/NIE dos pais/nais/titores/as.

 

O Anexo II e a circular completa podedes abrilos nos arquivos abaixo adxuntos. 

 

Queres coñecer o noso centro? Pide cita previa, nós encantados/as de recibirvos!!!

 Tlfno: 982829051 982829050

 

 

Entroido 2024

 

O noso vídeo do Entroido 2024: OS XOGOS:

Benvidos ao 2024!!!!

Estimadas familias:

Lembrade que o vindeiro luns 8 de xaneiro retomamos as clases. Espero que desfrutárades deste periodo de vacacións de Nadal e comezemos todos con forza este segundo trimestre.

Se non o vístedes, aquí tedes o vídeo do noso desfile "indoor" de Nadal e a festa que tivemos no pavillón.

Por outra banda, a partires de este ano os menús do comedor serán publicados trimestralmente como poderedes ver na seguinte entrada da web.

 

Feliz 2024!!!!!!!

 

Menús do comedor para o vindeiro trimestre

 

Nos arquivos adxuntos podedes ver os menús con detalle máis os menús sen porco.

 

BO NADAL!!!!

https://www.canva.com/design/DAF3heXoXeM/skIchsiU44PfzdVDCfr3-g/view?utm_content=DAF3heXoXeM&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

Ante as dúbidas sobre a xustificación de faltas do alumnado por motivos médicos, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, publicou unha aclaración sobre a forma de proceder nestes casos. 

En base a iso, no CEIP Península Da Paz, creamos unha infografía resumo para facilitar esta información. 

Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto co centro educativo.

Menú do comedor de DECEMBRO

 

Nos arquivos adxuntos podedes consultar os menús con maior definición na imaxe

 

Xornada de Billar co Clube de Billar Xove

Contábamos ter un día entretenido, pero sorprendeunos o ben que o pasamos coa xente do clube de Billar de Xove.

Aquí tedes

 a proba:

+Si queredes seguír xogando con eles tedes  información ao final do vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut