Seguindo as instrucións da Consellería de Educación do 27 de marzo, realizaremos a avaliación deste trimestre tendo en conta o traballo presencial feito ata o día 12 de marzo, antes da declaración da suspensión da actividade educativa.
Dada a restrición de mobilidade polo confinamento, a publicación das notas deste trimestre será a través da aplicación abalarMóbil o vindeiro xoves 2 de abril.
Dende o CEIP Península da Paz agradecer ao alumnado, familias e profesorado o esforzo común por manter, na medida do posible, á actividade lectiva nesta situación tan excepcional.
Moito ánimo e saúde para todos/as.