Xa arrancamos o curso 21-22. Dende o equipo directivo e en nome de todo o profesorado desexamos que teñades un curso estupendo!!!
Estas son as novidades que temos este ano:
1- MOITAS CARAS NOVAS!!!!. Comezamos o curso con 13 alumnos máis que o curso pasado.
Temos matriculados 155 alumn@s: 54 en infantil e 101 en primaria. 76 nenos e 79 nenas.
En canto a mestres tamén comezamos con moitas novidades:
- Rebeca en 4º de infantil.
- Binta en 1º de primaria.
- Tuan en 2º de primaria.
- Remedios en 4º de primaria
- Volta con nós Sonia para 5º de primaria, xa recuperada da súa lesión.
- Repescamos a Jaime no último segundo e segue cos seus alumnos en 6º de primaria.
- Tamén segue con nós Sara en música pero agora como funcionaria en prácticas. Noraboa, Sara!!!
- No equipo directivo fichamos á mestra Alicia para a secretaría.
2- ESPAZOS REACONDICIONADOS:
- Fixemos unha boa expurga e reorganización dos depachos e almacenes.
- O concello puxo tarima en toda a biblioteca.
3. NOVOS EQUIPOS INFORMÁTICOS:
Coa financiación de ALCOA e en coordinación coa Consellería de Educación e a dirección do centro, mercamos equipos portátiles e tablets para cada unha das titorías e outros espazos coma a biblioteca e a sala de mestres.
4. PROXECTOS:
Temos solicitados de novo os CONTRATOS-PROGRAMA, PROA e ARCO +.
Concedéronnos un ano máis o PLAN ACCIÓN de ALCOA. Temos previsto cambiar a imaxe do patio cun proxecto decorativo que ten como referente a artista nipona YAYOI KUSAMA.
GRAZAS A ALUMNADO, PAIS E NAIS, MESTR@S, CONSERXE, PERSOAL DE COCIÑA, TRANSPORTE E LIMPEZA... POR FACER QUE ESTE CENTRO SEXA CADA VEZ MÁIS GRANDE. SODES OS MELLORES!!!!
5. CALENDARIO ESCOLAR 21-22
Os días escollidos polo claustro como non lectivos son o 7 de decembro e o 16 de maio. Pendentes de aprobación do Consello Escolar.
Ao final da publicación podedes acceder ao arquivo adxunto co calendario completo: