Esta mañá acudimos ao acto de presentación do conto A SUPER_ACCIÓN DE MAURICIO, creado por Lucas Requejo en colaboración coa Asociación de Saúde Mental "A Mariña".
Queremos agradecer a súa invitación a dito acto e o agasallo do conto adicado por unha rapaza da asociación. Dende o noso centro sempre estaremos dispostos a participar en este tipo de actividades xa que nos parecen indispensables e enriquecedoras para o alumnado.
Estamos desexando que chegue o vindeiro venres día 10 de xuño, xa que virán ao cole Lucas Requejo e unha representación da Asociación de Saúde Mental "A Mariña" a contar o conto ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.