Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

SERVIZO COMEDOR: Menú SETEMBRO 2022

Presentamos no documento adxunto o menú correspondente ao mes de SETEMBRO 2022.

PAUTAS INICIO Curso 22-23

Maña comezamos un novo curso, polo que, achegamos unhas pautas iniciais.

Desexamos un bo curso 2022-23 a toda a Comunidade Educativa do CEIP Península da Paz!!!

Toda a INFORMACIÓN nos arquivos adxuntos.

 

CURSO 22-23

REUNIÓN INICIAL PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Informamos que o vindeiro martes 6 de setembro terá lugar a reunión inicial coas familias do alumnado de E. Infantil.

Celebrarase ás 11:00 h no pavillón do colexio (pódese acceder pola parte traseira do colexio). Posteriormente iremos á aula de infantil que corresponda coas titoras.

Pregamos que só asista unha persoa (pai/nai/titor/titora) por alumno/a e a poder ser sen os nenos/as.

SERVIZO AUTOBÚS Curso 22-23

Segundo instruccións recibidas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades referentes ao servizo de autobús para o vindeiro curso 2022-23, as nosas liñas veranse afectadas da seguinte forma:

  • Autobuses de Viveiro-Otero SL  (xestionado por Educación): todos os usuarios desta liña deben cubrir o modelo de solicitude do uso do transporte escolar gratuíto para alumnado usuario de paradas situadas a menos de 2 km do centro (ficheiro adxunto).
  • Arriva (transporte integrado de Mobilidade): o alumnado excepcional desta liña (todos aqueles usuarios de paradas situadas a menos de 2 km do centro, menos as paradas da Venta e Gondrás).Non deben cubrir ningún modelo. NON será preciso o uso da tarxeta "Xente Nova", xa que todas as paradas situadas a menos de 2 km son aptas para escolares.

O alumnado de nova incorporación (3 anos) que desexe ser usuario do servizo de autobús, recibirá información na reunión inicial dos primeiros días de setembro para a cal serán convocados previamente.

***Os modelos de solicitude debidamente cumprementados  deben ser entregados nos primeiros días de setembro, podendo facelo de forma presencial ou a través do email do centro (ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal).

Revista dixital ATALAIA

Aqui tedes a edición dixital (en color) da revista de este ano.

Clicka na imaxe para agrir o pdf

LIBROS de TEXTO Curso 2022-23

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022-23 (ver documento adxunto).

CURTAMETRAXE DE 6º

O alumnado de 6º de E.P. fixo unha pequena curtametraxe na materia de libre configuración. A idea saliu dun fotocómico que fixemos e que melloramos entre tod@s. Esperamos que vos guste e que disfrutedes desta magnífica hisotoria creada e protagonizada por nós mesmos. Bo verán. 

Festa Fin de Curso 21-22

 

O tempo respetounos e poidemos desfrutar dun día fantastico de xogos e festa.

Déixovos dous vídeos coas dúas actividades do día .

Dende o cole desexamos que teñades un verán fantástico.

 

 

 

 

Granxa- escola con 1° e 2° de primaria

O pasado martes 21 de xuño visitamos a Granxa-escola Ría del Eo de Castropol. 
Neste video tedes un resumo do que alí fixemos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut