Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

REVISTA ESCOLAR

Este ano a revista escolar poderedes vela en papel e a color nas aulas e nas mochilas viaxeiras. 

Tamén temos unha versión dixital que tedes a continuación. Espero que a desfrutedes. 

https://www.canva.com/design/DAGJOUtC5T0/5Y_f3sAYTez9rr0h63dFUA/watch?ut...

 

Semana fin de curso. Despedida!

Estimadas familias.

Un ano máis chegamos ao fin de curso. Quero agredecer a TOD@S por formar esta inigualable comunidade educativa:

GRAZAS: Ao alumnado polo traballo e esforzo a longo deste ano.

GRAZAS: A familias e ANPA que sempre poñedes do voso lado para que  os nosos nenos teñan sempre o mellor.

GRAZAS: Aos mestres e diferentes equipos de traballo por levar a cabo infinidade de actividades.

GRAZAS: Ao concello por convidarnos a multitude de  actividades para a comunidade e sempre atender ás nosas demandas.

GRAZAS: Ao conserxe que segue a coidar do colexio  e de todos nós.

GRAZAS:  Ao persoal de transporte, cociña e limpeza pola vosa gran labor. 

GRAZAS: á nosa ATE polo coidado impecable dos nosos nenos.

En representación do equipo directivo e de todos os mestres, desexámosvos que desfrutedes destas merecidas vacacións de verán!

Deixovos os vídeo-resúmenes desta última e frenética semana:

 

 

 

Novo obradoiro de reciclaxe

FESTA DA AUGA. FESTA FIN DE CURSO!!!!

 

 

Estimadas familias;

 

O vindeiro venres, día 22 de Xuño, faremos a FESTA FIN DE CURSO. O programa do día será o seguinte:

 

11:00 Merenda nas aulas. ANPA convídanos a biscoito.             

11:30 14:00 FESTA DA AUGA con inchables acuáticos.

14:00 Cambio de vestiario e recollida do material nas aulas.

 

    Nesta festa poderán traer algún tipo de trebello que dispare auga .

           Temos contratados coa ANPA uns inchables de auga. Na festa da auga está convidada  toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Cada neno poderá vir vestido con elementos propios para a auga como bañador ou chuvasqueiro. Pero tamén poderán traer outros elementos como gafas, neoprenos… Para participar so pediremos que traian unha muda de roupa completa (roupa interior e calzado incluído), unha toalla para secarse e unha bolsa grande para levar a roupa mollada e as pistolas.

Poderán xogar cos disparadores ou montar nos tobogáns. Todo aquel que apareza alí dentro asume que pode ser mollado en calquera momento. Alí non serán válidas as treguas. Do mesmo modo habilitaremos una zona de seco (patio de infantil) onde non estará permitido mollar a ninguén e respectarase a todos aqueles que non desexen mollarse.

Ao rematar a festa as familias poderán axudar a cambiarse aos máis pequenos.

Grazas pola vosa colaboración. Espero que gocedes da festa.

 

 

Un saúdo

 

O Equipo de Actividades Complementarias.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

Descargar libros de texto gratis en Internet

MES DAS MATEMÁTICAS

O pasado mes de maio foi o mes das matemáticas, polo que aproveitamos para levar a cabo as nosas xornadas na biblioteca. 

Todo o alumnado pasou pola biblio para repasar contidos de mateméticas cos diferentes xogos de mesa que ten Cipriano, todos adaptados ás idades de cada grupo. 

É unha boa forma de repasar xogando!!

Visita dos peques da Escola Infantil

No día de onte os maiores da Escola Infantil viñeron de visita para coñecer o seu futuro cole e aos seus compañeiros e compañeiras. 

Foi unha xornada moi chula!! Deixámosvos un pequeno resumo do seu primeiro paso polo cole.

 

Fundación INGADA para o estudo e tratamento do TDAH

Chéganos esta información que poidera ser do voso interese:

Fundación INGADA para o estudo e tratamento do TDAH, logo da exitosa ponencia impartida o pasado mes de maio no IES María Sarmiento de Viveiro, comunicounos que decidiu establecer unha delegación en Viveiro para dar cobertura ás familias e educadores/as de toda A Mariña interesados.

En principio virían unha vez ao mes, ao longo do próximo curso académico 2024/25, en sábados. As súas actividades comezarían cara finais de setembro.
De momento descoñécese a ubicación exacta, que depende neste momento das autoridades do Concello de Viveiro.

máis info no arquivo adxunto

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA Curso 2024-25

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso escolar 2024-25. Deberán formalizar matrícula o alumnado de nova incorporación ao centro (aportar ANEXO III-1 e a documentación solicitada) e o alumnado que cambia de etapa educativa, é dicir, os que cursarán 1º E. Primaria (aportar só ANEXO III-1).

O certificado médico, non será preciso presentalo, agás no caso de alerxias, problemas de movilidade ou algunha outra dificultade.

QUINCENA DA BICICLETA 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut