Skip to Content

blogue deadmin

UN ENTROIDO MEDIEVAL!!

O venres 13 conmemoramos o Entroido no colexio.

Seguindo o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a Idade Media, chegaron dende moi lonxe uns divertidos bufóns, uns magníficos feiticeiros, a nosa nobleza de damas e cabaleiros, sen esquecer aos campesiños e bispos. Todo amenizado cuns grans xograres, mesoneiros e cos distintos oficios medievais. Foi un día cheo de emocións!!

Queredes voltar compartilas con nós?

As fotografías atópanse na Galería da páxina web.

 OS BUFÓNS INFantil

AS DAMAS E OS CABALEIROS 1º

OS CAMPESIÑOS E AS CAMPESIÑAS 2º

 OS MESONEIROS E AS MESONEIRAS 3º   

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºA

OS OFICIOS MEDIEVAIS 4ºB

OS FEITICEIROS E AS FEITICEIRAS 5º

AS E OS XOGRARES 6º

MOITAS GRAZAS POLA VOSA

ASISTENCIA.

NORABOA AOS ARTISTAS E AOS MESTRES/AS!

AS ORDES DO MECO

Como sempre, o personaxe do Meco está disposto a que nos ríamos de nós mesmos e proponnos para iso os seguintes mandatos (que non son acumulativos):

VISITA DE JOSÉ RAMÓN AO PENA

José Ramón Lago Martínez é profesor titular da Facultade de Educación da Universidad de Vic (Barcelona), compaxina a docencia universitaria ca tarefa de asesor psicopedagóxico do Departamento de Educación. Na actualidade está sendo o noso asesor externo para o desenrolo do programa de Aprendizaxe Cooperativa, que se leva a cabo no centro.

El elexiu o noso centro para visitar, o pasado 21 de xaneiro, e acompañarnos durante unhas horas na nosa labor docente.

Estivo nalgunhas das aulas de Educación Infantil e de Primaria observando e analizando o traballo que se realiza, constatando que a Aprendizaxe Cooperativa favorece entre o alumnado o interés e a motivación por aprender e o bo clima entre eles.

Tivemos, por outro lado, a oportunidade de reunirnos con el os mestres implicados nesta metodoloxía, para realizar unha valoración do que se realiza diariamente nas aulas, tratando de dar resposta as nosas observacións, inquedanzas e preguntas co fin de seguir avanzando con ilusión nesta metodoloxía.

Foi unha xornada moi interesante e produtiva porque consideramos, o asesoramento, un recurso fundamental e necesario do sistema educativo para mellorar a calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe.

Agradecemos a José Ramón o esforzo e interese por visitarnos.

SAÍDA AO CASTELO DE SOBROSO

O mércores 2 de decembro visitamos o Castelo de Sobroso, no Concello de Mondariz.

É un castelo pequeniño, pero moi ben conservado (foi restaurado hai uns anos), e serviunos para darnos idea de como eran as fortalezas no estudio do noso proxecto de centro da Idade Media: vénse perfectamente as murallas, a torre da homenaxe, as estancias principais, o patio de armas, as ameas, merlóns, saeteras… e ten case mil anos!

Aproveitamos para meternos en situación, na pel dalgúns nobres de entón: Afonso VI, Don Sancho, Dona Urraca… Cantas intrigas polo poder! E que claro, os nobres vivían moi pero que moi ben…

Está situado nun punto estratéxico, nun alto dende o que se domina unha vista da ate 20 Qm. á redonda, o que, unido ás súas murallas, facía del un bastión inexpugnable.

Completamos a saída histórica coa natureza do entorno, e aquí convertímonos en biólogos expertos en Botánica, recollendo mostras de follas, sementes, cogumelos e algún bichiño incauto que caíu unas nosas mans.

Foi unha mañá perfecta!

FESTIVAL DE NADAL

No seguinte video poderedes ver as actuacións do alumnado de Educación Infantil no Festival de Nadal.

Damos a noraboa aos pequenos e pequenas artistas polo seu gran traballo e, sen dúbida, ás mestras!

FELICES FESTAS!

 O CEIP PENA DE FRANCIA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

OS GAÑADORES NO CONCURSO DE POSTAIS DESTE ANO FORON OS SEGUINTES COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. CLICADE NO DIPLOMA!

CLICADE EN ORBIL PARA VER AS ÚLTIMAS NOVIDADES E O TRABALLO DESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.

OS CARTEIS DE NADAL XA ESTÁN EIQUÍ!

O alumnado participou na elaboración de carteis dixitais co motivo do inverno ou Nadal.

As normas non eran máis que elaboralo no programa Word, empregando imaxes, texto e deixando voar a súa imaxinación. O resultado foi moi satisfatorio.

Mirade!

OS CARTEIS DO INVERNO XA ESTÁN EIQUÍ!

O alumnado participou na elaboración de carteis dixitais co motivo do inverno ou Nadal.

As normas non eran máis que elaboralo no programa Word, empregando imaxes, texto e deixando voar a súa imaxinación. O resultado foi moi satisfatorio.

Mirade!

OS CARTEIS DO INVERNO E NADAL XA ESTÁN EIQUÍ!

O alumnado participou na elaboración de carteis dixitais co motivo do inverno ou Nadal.

As normas non eran máis que elaboralo no programa Word, empregando imaxes, texto e deixando voar a súa imaxinación. O resultado foi moi satisfatorio.

Mirade!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

As postais de Nadal xa están elaboradas. Que gran traballo rapaces!

Estade atentos, que está a piques de anunciarse aos gañadores.

BAILE DAS BUXAINAS

O xoves 4 contamos no cole coa visita dalgúns familiares que nos ensinaron como bailar a buxaina.

Que ben o pasamos!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN. ESPERÁMOSVOS NA PRÓXIMA!

SAIMOS NO FARO DE VIGO!!

O martes 9 no suplemento A Escola do Faro de Vigo apareceu unha pequena noticia sobre a visita de Fina de Casalderrey.

NOVIDADES NO NOSO CASTELO

Xa levamos case un trimestre inmersos na Idade Media e o noso castelo sufriu moitas melloras coa colaboración de todas e todos.

Que aínda non as vistes? Non agardedes máis e dádelle ao play!

Distribuir contido

by Dr. Radut