As nenas e nenos de sexto fixeron unha receita en inglés como actividade de Speaking. Fixeron receitas doces e salgadas valorando a importancia de comer comida caseira frente a comida procesada.
O alumnado de 4º creou un cómic para promover unha vida saudable sendo eles e elas mesmas as protagonistas da historia. Os capítulos se relacionan coa alimentación, o exercicio físico, a hixiene corporal, a saúde mental e a importancia das revisións médicas.
Podedes desfrutar do cómic no seguinte enlace: Preme aquí
NAS CLASES DE 5 ANOS COMEZAMOS O CURSO APRENDENDO UN POUQUIÑO DAS TAREFAS DA VENDIMA, QUE ATA FAI NON MOITOS ANOS TIÑA GRAN RELEVANCIA PARA AS FAMILIAS DO NOSO CONCELLO.
UN ANO MÁIS A FROITA PARTICIPA NO PROXECTO E-TWINNIG, NO PROXECTO "GREEN PLANET- BLUE PLANET".
NESTE CURSO O ALUMNADO DE 4 ANOS A CREOU O RECUNCHO "GREEN OSYGEN" PARA O QUE PLANTARON FERMOSAS PLANTAS QUE SE ABONARON CO COMPOST QUE IMOS FACENDO AO LONGO DO ANO CA RECOLLIDA DOS RESTOS DAS FROITAS QUE SE COMEN NO CENTRO.