NOVO PRAZO de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
NOVOS PRAZOS DO PROCESO:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020,
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.
Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo de 2020.
A solicitude pódese facer de forma telemática premendo no seguinte enlace:
Aplicación para a admisión do alumnado.
PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020-2021.
Os que entregaron a solicitude no prazo anterior non teñen que facer nada.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De 9:00 a 14:00 horas.