Hoxe tivemos a sorte de recibir unha formación enriquecedora sobre o alumnado con TEA, impartida por Dagmar Gabriela. Grazas á súa dedicación e experiencia, seguimos avanzando no noso compromiso por unha educación inclusiva e igualitaria, onde cada neno e nena teña o apoio necesario para medrar, aprender e participar en igualdade de condicións.
Xuntos e xuntas, seguimos construíndo aulas onde a diversidade é un valor e onde cada pequeno paso conta para facer un mundo máis xusto e respectuoso.