Skip to Content

UN MAGOSTO CON MATISSE

Este ano celebramos un magosto artístico. Primeiro elaboramos murais coas técnicas de recortado e collage empregando cores brillantes e intensas como facía Matisse e despois saímos ao patio a cantar, bailar e... comer as CASTAÑAS.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Este é o video resumo do MAGOSTO

 

SAMAIN

Como cada ano na escola organizamos unha fantástica e orixinal exposición de cabazas decoradas polos alumnos e alumnas en colaboración con tódolos pais e nais.

Agradecer o voso magnífico traballo feito e a gran orixinalidade e creatividade en tódalas cabazas presentadas.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

ELECCIÓN PDI

 Neste video podedes ver o proceso para a elección do Proxecto Documental Integrado (PDI)
 

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

Estamos en plena campaña electoral!
Neste curso o tema para traballar o proxecto  documental integrado será o resultado das eleccións que se celebrarán a próxima semana.

 As candidaturas son:

CHINA e ARTE

 Manterémosvos informados do proceso electoral.

SAÍDA AO MONTE ALOIA- TUI



REVISTA ESCOLAR 2015/2016

APADRIÑAMOS ANIMAIS E PLANTAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN!

No centro estamos a estudar e indagar sobre “Os bosques”. Nestes  espazos naturais habitan moitas plantas e animais, algúns deles en perigo de extinción.

 

Calcúlase que existen uns 30 millóns de especies animais e vexetais distintas no mundo. De todas elas, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) cifra en 1.000 as que se atopan en perigo de extinción e en 17.000 as ameazadas. Para o 2020 a diversidade de especies pódese reducir nun 33%.

Animais e plantas están ameazados pola alteración dos espazos naturais, que se empregan para construír vivendas, estradas, etc. A caza deportiva ou comercial e o tráfico ilegal de especies son causas que tamén fan perigar á fauna e á flora.

Segundo o Fondo Mundial para a Conservación da Natureza (WWF), en España desenvólvese máis do 30% do comercio ilegal de animais e plantas protexidos no mundo e segundo datos do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España, calcúlase que nos fogares españois existen preto de 60.000 réptiles e máis de 100.000 aves exóticas.

O SEPRONA, Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil recolle que o 70% dos animais cos que se trafica morre durante a viaxe. Preto de 1.700 axentes deste servizo tratan de frear este delito facendo cumprir a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Este convenio, asinado en Washington, entrou en vigor en xullo de 1975 e subscribírono máis de 145 países. En xaneiro de 1986 o convenio asinouse en España. A partir de entón, para posuír un exemplar dunha especie ameazada é necesario ter un certificado que acredite que provén de cría en catividade. Pero, segundo WWF, falsificar ese papel non é moi complicado.

 

Dende o equipo de Dinamización Tic quixemos que o alumnado se involucrara apadriñando un destes animais ou plantas elaborando un cartel cun lema a favor da súa protección e sinalando cantas especies aínda podemos atopar como pequenos datos que consideraron interesantes. Aquí vos deixamos o gran traballo que realizaron!!!

 

 

 

 

PROXECTO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de educación infantil e primaria participou, durante este curso escolar, nun proxecto de innovación educativa baixo o lema "Ponlle as pilas ao teu bocata".

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Clicade no seguinte bocata para poder ver todas as actividades que levamos a cabo!!!

 

 

CONSTRUÍMOS UNHA ÁRBORE

 

             DURANTE O MES DE MAIO COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, O ALUMNADO DO NOSO CENTRO COLABOROU NO

MEDRE DUNHA ÁRBORE NA QUE O SEU TRONCO FOI ELABORADO CON LATAS DE CONSERVA DE PRODUTOS DO MAR.

 

VISITA AO ZOO DE VIGO

Os alumnos de primeiro de educación primaria fomos de excursión ao Zoo de Vigo. 

A visita foi más alá da mera observación de animais, senón que os nenos e nenas comprendan a importancia desta institución en diferentes ámbitos como: en primeiro lugar, centro de acollida, refuxio de individuos feridos, función de gran importancia pois proporciona un lugar digno onde vivir a animais sen fogar, que xa non é posible reintroducir na natureza,. como a tigresa que estaba nun circo e a que lle arrancaran as garras. Por outro lado, como centro de recuperación de especies amenazadas, como por exemplo: o programa de cría da tartaruga europea, unha das especies galegas máis amenazadas.

Aprendemos cousas tan interesantes como a diferencia entre un "cuerno" e unha "cuerna"; quen é a lider alfa na sociedade dos lémur...

Aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica da visita!!

 

 

 

VISITA AO I.E.S. DE MOS

Como novidade no programa de orientación académica dirixido a 6º de E.P. este curso visitamos o I.E.S.

 

 

NOS TALLERES

 

 NO XIMNASIO

 

NAS PISTAS AO AIRE LIBRE

 

 NA BIBLIOTECA

 

 COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA; A VISITA REMATA NA CAFETERÍA

 

 

LETRAS GALEGAS 2016

O alumnado do colexio xuntouse para conmemorar o Día das Letras Galegas, participar na entrega do agasallo pola participación no Certame Literario e ver as curtametraxes dos nosos compañeiros e compañeiras.

Por outro lado, desde o EDLG, propúxose  unha campaña ca que se pretendía concienciar o alumnado do centro  das innumerables cousas que nós como galegos e galegas podemos presumir. Unha reflexión que nós faga por en valor todo o noso. O resultado como vedes foi espectacular. Podemos presumir de tantas e tantas cousas: de língua, paisaxe, chuvia, cocido, praias, de magosto, de Maios…..

 

Saida de 4º a Mirambel

 O xoves 26 de maio o alumnado de cuarto visitamos a Finca Mirambel para coñecer o pequeno museo e a "Vila Romana". Alí contemplamos os restos de terma e a salina.

 

 Contrastamos o aprendido en Sociais coa realidade. Decatámonos que lembramos moitas cousas.

 

 Puxémonos moi contentos cos parabéns da monitora polo noso comportamento e coñecementos. 



VIII CERTAME DE CURTAMETRAXES

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no 8º Certame de Curtametraxes proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística e en colaboración co Equipo Tic.

 AS NOUSAS COUSAS

 PROHIBIDO RENDERSE

 MURDER

 O MELLOR TESOURO É A AMIZADE

 O NENO DE INTERCAMBIO

 OITO APELIDOS GALEGOS

 O TESOURO É ...

 UN ABURRIDO DÍA

PÁNICO 

O NAUFRAXIO

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES, UN BO TRABALLO!!

FESTIVAL DE CANS

 

Os alumnos de 5º e  6º fixemos unha visita ao Festival de Cans. Alí puidemos ver diferentes curtos no baixo de Bugarín. Ademais recorremos os espacios máis emblemáticos do pobo como o torneiro onde nos fotografiamos nun chimpín, entramos no galiñeiro onde se fan os concertos e estivemos nas leiras onde se fan os coloquios cos directores. Foi un gran día e pasámolo de cine!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut