Skip to Content

XI CERTAME DE CURTAMETRAXES

Outro ano máis os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria convertéronse en xóvenes creadores participando no 9º Certame de Curtametraxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Como todos os anos na escola celebramos as Letras Galegas e como podedes ver a continuación, celebrámolo con cantigas, poemas e dramatizacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INICIACIÓN AO ÁBACO XAPONÉS

Durante os meses de marzo e abril o alumnado de 3º de Educación Primaria levou a cabo unha actividade de Iniciación ao Ábaco Xaponés ou Sorobán. Este é un instrumento que serve para facilitar os cálculos matemáticos. Foi moi utilizado en todo Oriente dende o século XVI e actualmente estendeuse por moitos colexios do  mundo. O seu uso ten moitas vantaxes, entre elas:

  • Aumenta a comprensión numérica.
  • Favorece o cálculo mental.
  • Mellora a concentración.
  • Axuda a comprender mellor conceptos matemáticos abstractos.

 

 

CELEBRANDO OS MAIOS NA ESCOLA

FESTA DOS MAIOS 2017

ARTENTROIDO

Este ano como sabedes o noso proxecto documental integrado é sobre a arte e ao chegar o entroido celebramos o ARTENTROIDO!!!! O noso colexio  encheuse de personaxes moi ilustres coas súas obras máis representativas, KANDINSKY, FRIDA KAHLO, DIEGO RIVERA, DALÍ, PETEIRO, ANDY WHARHOL, MIRÓ, tamén pasaron artistas alternativos e non tan coñecidos que se expresaron libremente e que estamos seguros de que nun futuro falarase deles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foi un día moi artístico!!!!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Celebramos o Día da Non Violencia e da Paz construindo o cadro do Guernica. É un cadro simbólico que representa o sufrimento da humanidade durante as guerras, unha protesta contra a brutalidade e a crueldade das guerras.

      

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Propoñémonos cambiar o mundo e baixo a cita de Honoré de Balzac "Se eu cambio, todo cambia" escribimos nunha nota o que podemos cambiar para que o mundo sexa mellor.

 

O alumnado presentou un acto no que vimos dúas curtametraxes unha sobre a historia da realización do Guernica e outro sobre a explicación do cadro.

Tamén vimos unha presentación realizada pola biblioteca sobre dous símbolos da PAZ, Kofi Annan e a ONU.

 

Rematamos o acto cantando e bailando a cantiaga QUÉROTE MÁIS do Sonoro Maxín.

 

CIENCIA EN MOVEMENTO

Para conmemorar o “Día da Ciencia” o alumnado de 5º de Educación Primaria asisitiu a unha interesantísima exposición no Auditorio do  Multiusos do Concello de Mos, onde baixo o lema “Prohibido non tocar” os nenos e nenas puideron experimentar e aprender sobre moitos aspectos da ciencia a través de diferentes experimentos (lampada tesla, magnetismo, péndulo de Newton..).

Magnífica experiencia!!!!

 

ENCANTADOS

Unha magnifica actividade realizada polos alumnos e alumnas de 5º e impartida por dúas profesionais de Brincan, cun obxectivo fundamental o de achegar ao noso alumnado o mundo das mascotas e o seu coidado e a importancia que estas teñen nas nosas vidas.
Ron e Samba fixeron as ledicias de tódolos rapaces e rapazas.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Moitas grazas polo voso interese e entusiasmo!!!

 

 

 

 

"O GRAN CREBACABEZAS DE ARTE E HISTORIA"

O 13 de decembro o alumnado de 4º de Primaria visitamos a sede-museo de Afundación e fixemos dúas actividades moi interesantes. A primeira era de investigación case detectivesca, a partir de pistas e da observación dos cadros da exposición. A seguinte era un taller de creatividade co deseño e elaboración dun collage.

Que divertido é aprender xogando !!

 

 

EXCURSIÓN DE 2º AO MUSEO MARCO

A mañá do 15 de decembro o alumnado de 2º, aproveitamos a visita  a Vigo para fecer un percorridso de orientación pola praza Compostela. Despois fomos mandar a carta a Papá Noel e tomar un chocolate quentiño con churros. Rematamos a visita acudindo á exposición de arte "Mulleres no Silencio" no Museo Marco.

 

 

FESTIVAL DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Noraboa a todos e todas!! 

 

 

MANNEQUIN CHALLENGE DO NADAL

Os nosos alumnos e alumnas decidiron felicitarnos o Nadal "conxelados".

;

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

FEIXOA

Dentro do PLAN PROXECTA-ALIMÉNTATE BEN estamos a participar no proxecto de FROITAS na escola.

Entre as diversas actividades que temos pensado desenvolver está a de que cada curso estude unha froita.
Comezamos co alumnado de 5º B que fixeron unha presentación da FEIXOA.
 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o día da non violencia, o 25 de novembro, os alumnos e alumnas de 6º B fixeron unha representación teatral do libro ROSA CARAMELO. Este conto transmite a igualdade entre homes e mulleres.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Presentación feita polos alumnos e alumnas de 6º A explicándonos os motivos da celebración desta data.

 
 NORABOA A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO!
Distribuir contido


by Dr. Radut