Skip to Content

NOVA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

 

 

 PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 24/25

 O proceso de admisión de alumnado comenza o próximo 1 de marzo seguindo a lexislación vixente. Podedes facelo a través da sede elecrónica (ED550B) ou de maneira preasencial no centro.

 

 

 

Podedes recoller os formularios na secretaría do centro ou tamén  óbtelos premendo nas seguntes ligazóns.

 FORMULARIO EN GALEGO

FORMULARIO EN CASTELÁN

INSTRUCIÓNS 

 

 

 

CARNAVAL

VIDEO CARNAVAL de Marta Lopez

MÁSCARAS DE CURRUMIÑOS

Na semana do entroido este ano, ademáis de cumprir as mandas, ensaiar os bailes, elaborar os disfraces ... O equipo EDLG nos propuxo que fixéramos unhas máscaras de Currumiños, típicas no entroido mosense, seguindo as indicacións que nos deu o experto "Ismael Patos" dende a actividade do programa "EntroideaMos" do concello.

Partindo dunha tea, o alumnado plasmando a súa expresión da cor e creatividade nela, fixo este fermoso tendal.

 
 
 

ENTROIDO

O noso  ENTROIDO comeza o luns coas MANDAS DO MECO, moi atentos para que ninguén se trabuque.

 

E remata o venres co DESFILE e BAILE DO ALUMNADO, ao que estades todos invitados.

 

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 

EQUIPO DE MEDIACIÓN

A partir de febreiro ponse en marcha o Equipo de Mediación co fin de mediar de forma pacífica e voluntaria os conflitos. O seu obxectivo é concienciar sobre o respeto e o diálogo. Non dubidedes en acudir a eles!!!

ESTA FOI A SÚA PRESENTACIÓN

POMBA DA PAZ

O alumnado de Educación Infantil en psicomotricidade, ademáis de desenvolver o equilibrio, coordinación,..., traballaron en equipo e lle deron unha fermosa segunda vida a libros descatalagados da biblioteca convertindo as súas follas en plumas dunha fermosa POMBA DA PAZ.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


FESTA DE FIN DE ANO

Vestíndonos coas nosas mellores galas, este curso despedimos o trimestre celebrando unha gran FESTA DE FIN DE ANO, na que tivemos campanadas e uvas,  moito baile e diversión e para rematar a ANPA invitounos a unha gran chocolatada.  

 

FESTIVAL NADAL 2023-2024

FESTIVAL NADAL 2023-2024 de Aida Rodríguez Val

DEGUSTACIÓN DOS FROITOS DO OUTONO

O outono é unha estación moi rica en variedade de froitas e froitos. Este curso quixemos, non só dar a coñecer os seus nomes, senon que nos sumerximos nunha xornada de sabores, onde todo o alumnado portando o seu recipiente e culler, pudo disfrutar dunha saborosa merenda chea de cores, vitaminas e sabores.

 

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

O noso gran agradecemento ás familias pola cantidade e variedade de froitos do outono aportados para a nosa exposición.

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

Tic, tac ... Xa queda menos para a festa de Nadal 2023.

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA

SEMANA DOS DEREITOS E DA NON VIOLENCIA 

Con motivo das conmemoracións do 20 de novembro (Día dos Dereitos da Infancia) e do 25 de novembro (Día Contra a Violencia de Xénero) desde o centro levamos a cabo a "Semana dos Dereitos e da Non Violencia", realizando  moitísimas actividades co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de traballar o RESPETO, a ASERTIVIDADE e a COMPRENSIÓN. Talleres, gravacións de radio "As mulleres que cultivaban néboas", retos reflexivos de aula, adaptación de cancións machistas, mural de mans, compromisos a acadar... e moitísimas outras actuacións a nivel de aula.

Porque a mellora depende de nós, e graniño a graniño faise a montaña. Sempre XUNT@S para construír un mundo mellor!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut