De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.
Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II da citada Orde:
O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-
DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.
-
No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.
-
No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
-
En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.
ACLARACIÓNS:
-
O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
-
A relación de postos escolares ofertados para o curso 2019-2020 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.
-
A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser amitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.
-
Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.
CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN
|
1-20 de marzo
|
Solicitude de admisión
|
Antes do 25 de abril
|
Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas
|
5 días hábiles desde a publicación
|
Reclamación listaxe provisional
|
Antes do 15 de maio
|
Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas
|
20-30 de xuño
|
Formalización da matrícula
|