Este curso escolar embarcámonos no Proxecto Edixgal, que trata da implantación do libro dixital no noso centro. Ese ano comeza co 5º curso de primaria e o vindeiro ano estenderase a 6º.
Grazas a Edixgal o alumnado pode usar un EVA (Entorno virtual de aprendizaxe), a través de portátiles cedidos pola Consellería. Así os nosos alumnos contan cun portátil cada un deles para acceder aos libros dixitais, material facilitado polo profesorado, facer actividades online e moitos máis recursos que lles ofrece este entorno para dinamizar a súa aprendizaxe.
O noso alumnado está realmente emocionado coa experiencia aprendendo a crear contido dixital para familiarizarse coas novas tecnoloxías.