Skip to Content

Escolares

Correlingua 2022

burbulla

burbulla

14 RETOS

Bos días familias e alumnado, que tal esas vacacións?, imaxino que percorrendo o voso fogar por todos os lados. Moitos ánimos e aguantade como campións. Esta semana vos deixo uns retos para facer na casa, espero que sexan do voso agrado.

Unha aperta fortísima, Paco. 

Museo das Illas Atlántica (2º e 3º)

O pasado xoves toucoulles o turno de ir ao museo das Illas Atlánticas aos grupos de 2º e 3º de primaria.

Pasáronno en grande e aprenderon moitas cousas sobre estas illas, unha paraxe natural que temos tan preto da casa e da que as veces non valoramos a súa importancia.

Quedámonos coa mensaxe de Horace A. Vachell: "Na natureza non hai premios ou recompensas, hai consecuencias", de aí a importancia de coidar a nosa natureza.

Podedes clicar na foto para acceder á galería de imaxes:

Visita museo Illas Atlánticas (4-5 anos e 1º)

Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos e 1º de primaria fumos ao museo Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, onde descubrimos a partires da historia de Martiño (un corvo mariño cristado) algúns dos elementos propios destas illas.
 
A visita dividiuse en tres actividades (presentación dos animais e elementos naturais das illas, xogo de "pesca" e un pequeno contacontos) polas que fumos rotando en grupo e pasouse o tempo voando! 
 
Algún quería ir ás illas de verdade pero nesta ocasión non puido ser. Queda pendente para o verán, a ver se convencemos ás nosas familias para que nos leven!
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut