O pasado mércores 26 de outubro realizamos a festa do magosto á que asistimos disfrados aproveitando a celebración do Samaín.
Durante a mañá preparámonos para comer as castañas asadas e despois do recreo xogamos por equipos a diferentes xogos tradicionais co obxectivo de conseguir as pezas dun puzzle que pouco a pouco estamos a montar no mural da entrada do cole.
Pasámolo en grande, e os maiores demostraron a súa responsabilidade ao dirixir ao seu grupo de xogo en xogo tendo coidado dos máis pequenos.
Mirade que animado estaba o cole!