Dende a nosa ANPA donouse unha chea de libros (máis de 75) á Biblioteca do noso CEIP Otero Pedrayo, para que poidamos desfrutar deles todo o alumnado. Veña, entrade no noso blogue Biblioburbulla para ollar as novidades!!! Facede click na ligazón ou na imaxe para acceder ao blogue.
Grazas á ANPA por este fantástico agasallo. Encántannos os novos contos e libros.
Velaquí o listado de libros novos:
- O meu avó e non queixo.
- Bo camiño Valentino.
- Bicos e non balas.
- Os Bolechas con unidade didáctica e caderno de actividades.