Estimadas familias,
Informámosvos de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou, no Diario Oficial de Galicia do pasado venres 12 de novembro, a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado que cumpra uns determinados requisitos.
Será beneficiario directo o alumnado ao que se lle concedese a axuda de material escolar no curso 2021-2022, polo que xa non ten que presentar solicitude.
En cambio, ten que presentala do 15 ao 26 de novembro o alumnado que non fose beneficiario da axuda de material escolar e que cumpra algún dos seguintes requisitos: pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros ou estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Na seguinte ligazón tedes toda a información, así como o modelo de solicitude.