Skip to Content

Happy Easter, Happy Spring. Love and Joy in Everything

Para rematar o proxecto competencial de 4°P do segundo trimestre, nenos e nenas de 3 anos fan a busca dos ovos de Pascua.

Esta busca consistiu nun traballo de creación de tarxetas coa aplicación Canva, a presentación do alumnado de ambos cursos, a aprendizaxe en inglés das palabras clave da Pascua e a busca guiada polos recunchos da biblioteca, dando a coñecer estos espazos aos máis cativos.

Tivemos a satisfacción da colleita, a posta en común na aula dos maiores, a comida do chocolate e, por último, a actividade de pintar ovos para decorar o noso Easter Tree.

Así mesmo o alumnado de 1 e 2 en Arts, amosaron a súa creatividade na decoración dos ovos da Pascua, en colaboración coa nosa Auxiliar de Conversa e o departamento de Lingua Estranxeira.

Happy Easter, Happy Spring. Love and Joy in Everything by María Fernández, Estela Rodríguez, Mónica Rodríguez, Rafael Rodríguez, Tatum Scott, Nani Lima está licenciada bajoAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International



page | by Dr. Radut