Calendario de matrícula curso 2019/2020 ACTUALIZADO
Podedes consultar neste cadro as datas nas que haberá que realizar os diferentes pasos para a matrícula dos vosos fillos e fillas de cara ao vindeiro curso 2019/2020.
A medida que avancemos no proceso iremos publicando os documentos que correspondan en cada momento.
PROCESOS |
PRAZOS |
DOCUMENTACIÓN |
RESERVA CENTROS ADSCRITOS (Os nenos que xa están no centro teñen a praza reservada) |
1 - 15 DE FEBREIRO |
(Soamente para os alumnos de 6º que vaian a acudir ao IES de Beade)
Modelo ED550A |
PUBLICACIÓN DE VACANTES |
ANTES DO 1 DE MARZO |
|
SOLICITUDE DE PRAZA |
DO 1 - 20 DE MARZO
|
e fotocopia do Libro de Familia
A maiores se é o caso: - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta - Certificado oficial do expediente académico, no caso de cambio de centro - Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso - Documentación xustificativa se optan a unha praza de NEAE |
LISTAXES PROVISIONAIS |
ANTES DO 25 DE ABRIL (5 días para reclamacións) |
------ |
LISTAXES DEFINITIVAS |
ANTES DO 15 DE MAIO |
------ |
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA |
20 – 29 DE XUÑO |
ANEXO III-1 e documentación solicitada polo colexio |
DOG Nº 53 – 15 DE MARZO DE 2013 |
Normativa relacionada
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VACANTES 2019-20.pdf | 297.72 KB |