Skip to Content

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso 2016/2017

22/02/2016 13:57
Atlantic/Bermuda

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO

 

PARA O CURSO ESCOLAR: 2016/2017

 

LEXISLACIÓN:

 

·        

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de ba­charelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, entre outros as­pectos, establece os principios xerais aos que se debe axustar o proceso, co fin de garantir o dereito á educación, á liberdade de elección de centro, ao acceso a unha praza escolar

 

CALENDARIO:

DO 2 ó 20 DE febreiro:

·        

Reserva de praza das familias do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria para o IES ao que está adscrito noso centro (IES DE BEADE).

·        

A non solicitude de reserva de praza  dentro do prazo polos pais/nais implica a escolarización mediante o proceso de admisión, como se fose alumnado novo. (Artigo 8º e seguintes).

 

 

DO 2 ó 20 de marzo:

·        

Prazo de presentación das solicitudes de admisión de novo alumnado.

 

·        

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como ANEXO II da Orde. O impreso o facilitará gratuitamente o centro escolar ou tamén se pode baixar da páxina web da Xunta de Galicia.

 

·        

Xunto coa solicitude os interesados/as presentarán a documentación acreditativa do requisito de idade (DNI, fotocopia do Libro de Familia, outros..).

 

·        

A non solicitude de reserva de praza  dentro do prazo polos pais/nais implica a escolarización mediante o proceso de admisión fóra de prazo á través da Comisión de Escolarización).

DO 23 de marzo ó 3 de abril:

·        

Presentación da documentación acreditativa (cando exista máis demanda que oferta de prazas escolares).

 

·        

A presentación dos xustificantes de baremación é voluntaria a non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

20 de abril:

·        

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

13 de maio:

·        

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

DO 22 ó 26 de xuño:

·        

Formalización da matrícula do alumnado.

·        

Documentación solicitada:

-         

Catro fotografías recentes tamaño carnet.

-         

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-         

Documento cuberto coas opción de relixión ou alternativa, uso da língua galega, uso da imaxen, transporte escolar, e comedor.

 

 

NOTA:

Será ineficaz a solicitude presentada nos casos seguintes:

·        

Entregar máis dunha solicitude no mesmo Centro Escolar ou en Centros diferentes.

·        

Cando se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación.

·        

Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalice esta, decaerá o dereito á praza obtida.

NORMAS

1.      

As familias nas solicitudes elixirán 6 centros por orden de prioridade.

2.      

Haberá unha única solicitude por familia

3.      

Deberán cubrir todos os ANEXOS para despois poder baremar.

4.      

As solicitudes irán acompañadas do DNI  e libro de familia sen cotexar.

5.      

Deben ter selo de rexistro de entrada.

6.      

Xustificación do empadroamento e se é o caso certificado de convivencia

7.      

Unha vez rematado o prazo do 20 de marzo, temos 48 horas para enviar a Inspección as copias das solicitudes (todas as páxinas) só no caso de ter que baremar.

8.      

A competencia do alumnado que entra ten a potestade de aprobala o Consello Escolar.

9.      

Non se pode admitir ningunha baixa dun alumno/a que esté matriculado no centro ata o 30 de xuño.

10.   

Se nos presentan reclamacións non fai falla contestar a reclamación, a resposta é o listado definitivo.

11.   

Temos que enviar canto antes nos prazos establecidos as solicitudes do alumnado con NEE.

12.   

O 26 de xuño hai que mandar urxentemente as vacantes que quedan.

13.   

Comunicar con data 30 de xuño as baixas do alumnado que marchen  do propio centro.

14.   

As solicitudes fóra de prazo pódense recoller e logo enviar a Inspección.

15.   

Para baremar o índice medio do IRPF estará en 6.326,86.

 


 

HORARIO DE XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO CENTRO

 

·        

Martes  día   1 de marzo:  de 12:05 h a 13:00 h e de 16:00 a 17:15 horas.

·        

Mércores día 2 de marzo: de 9:15 a 10:30 horas

 

ZONA EDUCATIVA: Nº8

 

Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo da Avenida de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras- Matamá.

CENTRO ADSCRITO

 

O noso centro escolar está adscrito ó Instituto de Educación Secundaria de Beade-Vigo.

 

 

HORARIO DE SECRETARÍA PARA SOLICITUDES E TRAMITACIÓN DE MATRÍCULA

 

 

HORARIO DE DIRECCIÓN

·        

Luns, martes, xoves e venres de 9:00h a 9:45h.

·        

 Martes de 16:00h a 16:45h.

 

HORARIO DE SECRETARÍA

·        

Luns, martes, mércores, xoves e venres de 9:00h a 9:45h.

·        

Martes de 16:00h a 16:45h.

 

XEFATURA DE ESTUDOS

·        

Luns, martes, mércores e xoves de 12:00h a 13:00h.

 

 

VACANTES OFERTADAS POLO CENTRO ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO: 2015-2016

 

EDUCACIÓN INFANTIL

NIVEL

PRAZAS ALUMNOS/AS

PRAZAS ALUMNADO (N.E.E.)

3 ANOS

22

3

4 ANOS

15

-------

5 ANOS

12

-------

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL

PRAZAS ALUMNOS/AS

PRAZAS ALUMNADO (N.E.E.)

1º PRIMARIA

9

3

2º PRIMARIA

4

-------

3º PRIMARIA

4

-------

4º PRIMARIA

1

-------

5º PRIMARIA

2

-------

6º PRIMARIA

3

-------

 

 ACTIVIDADES OFERTADAS E XESTIONADAS POLA ANPA (ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CENTRO)

 

·        

AULA MATINAL (PLAN MADRUGA). Servizo de cátering por SERUNIÓN.

·        

COMEDOR ESCOLAR. Servizo de cátering por SERUNIÓN.

·        

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. De luns a venres, de 16:00h a 18:00h lévanse a cabo as seguintes actividades:

-         

Baile moderno.

-         

Intelixencia emocional.

-         

Taekwondo.

-         

Fútbol.

-         

Pintura.

-         

Patinaxe.

-         

Inglés.

-         

Piscina.

-         

Xadrez.

-         

Atletismo.

 

-         

Ximnasia rítmica.

 

 

AdxuntoTamaño
anexo_i_reserva_de_praza_g.pdf434.53 KB
anexo_ii_solicitude_de_admision_g.pdf583.48 KB


event | by Dr. Radut