Skip to Content

O Samaín

Todos sabemos que estamos en crise. Desde hai unhos cantos anos é unha das palabras máis utilizadas na nosa linguaxe habitual. Tamén sabemos polas noticias que hai moitos ós que non lles afecta a crise senón todo o contrario. Sen traballar xuntan tanto diñeiro que é imposible de gastar no resto das súas vidas e nas dos seus descendentes.

Pero ese non é o noso caso. O colexio recibe menos ingresos e temos que recortar os gastos. Durante moitos anos, sobre o día 11 de novembro celebramos a festa do magosto. Pero non fai moito chegou coa cultura americana a festa do "Halloween" (véspera de todos os santos).

No noso cole creo que tivemos o acerto de refundir as dúas festas no "Samaín". O xoves día 30 correremos polo patio do colexio disfrazados de esqueletos, de bruxas ou de mortos vivientes, ao mesmo tempo que saboreamos as castañas quentiñas asadas nas brasas das fogueiras.

Se queremos ir a orixe desta moda de disfraces de mortos temos que retomar a visión da mítica pelicula que George A. Romero dirixiu no ano 1968. "A Noite dos mortos vivientes"

Pero coidado...      ( pode que despois non sexades capaces de durmir)

 



story | by Dr. Radut