Skip to Content

Deporte escolar

Golf

O mércores 29 de maio o alumnado de 5º de primaria participou nunha xornada de golf no Balneario de Mondariz, onde coñeceron as regras e golpeos máis importantes deste deporte.

Clicade na imaxe para ver tódalas fotos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Golf

Xogos Populares

O xoves 23 de maio o alumnado de 3º e 4º, e o venres 24 o alumnado de 5º e 6º, participou nunha xornada de xogos populares no parque da Canuda (en Salvaterra de MIño) xunto co resto de coles do Condado, desfrutando dunha lúdica xornada.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos populares

Atletismo en Pista

O venres 26 de abril o alumnado de 4o de primaria foi o IFEVI a disputar con outros centros da contorna unha xornada de atletismo en pista.

Que ben o pasamos!

Atletismo en pista

Xornada de Badminton

O alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de Badminton organizada pola agrupación deportiva ADECONPAR.

Varios alumnos e alumnas clasificáronse para disputar o Campionato zonal escolar que se disputará este sábado 23 de marzo no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. Moita sorte!

Clicade na imaxe para poder ver algunhas imaxes do evento!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Deporte Escolar

Loita Galega

O luns 23 de Outubro, dentro do programa Coñece o meu Club, viñeron ao cole a facer unha demostración de Loita Galega, ensinándonos distintas técnicas desta disciplina deportiva.

Loita galega

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut