Skip to Content

Aventuras en Galego

Contacontos

magic book

 

 

Para celebrar o Samaín, hoxe tivemos unha sesión de contacontos onde os nosos nenos e nenas puideron ser contadores de historias e espectadores. 

Todas as historias de medo que se contaron hoxe están na nosa biblioteca, a vosa disposición. 

Álbum: Samaín -> Samaín - Contacontos

Día do libro

No día do libro contámonos historias feitas por todos/as!

Nos días previos ao 23 de abril, cada clase creou a súa cos ingredientes da pota da nosa cociña e despois agrupámolas nun libro A2 para poder usar nas nosas sesións de contacontos do 23 - A.

Creamos unha historia?

Creamos unha historia con estes ingredientes?

Cada neno/a do cole, xunto a súa clase, vai crear unha para contarlle aos/as compañeiros/as o día do libro.

E ti anímaste a inventar un contiño?

Semana da Prensa

Unha das actividades que se promoven, durante esta semana da prensa, consiste en dotar as bibliotecas de aula de xornais.

Día de Rosalía

 

O día de Rosalía celébrase tal día coma hoxe, 23 de febreiro, e para conmemorar a esta escritora fíxose unha exposición de libros sobre ela e cada aula traballou coa súa poesía a nivel xeral e a nivel concreto o "caldo de Rosalía".

Enchendo a biblioteca de historias

 

Aquí atopamos algunhas das nosas alumnas lendo as historias de medo creadas polo alumnado.


 

Cabazas de Samaín

O EDLG e o de biblioteca propúxolle ao alumnado que trouxera cabazas decoradas acorde co PDI deste ano "a cociña". Sorprendéronnos coa súa creatividade! Aquí podedes ver algunhas delas.

 

Doces terroríficos

Para rematar a celebración do Samaín, as familias enviaron doces terroríficos feitos na casa xunto a súa cativada. Estaban magníficos!

Obradoiro de galletas

O alumnado de Educación Infantil estivo facendo un obradoiro de galletas polo Samaín coa axuda dos libros da biblio!

 

Distribuir contido


     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

 

Plan Dixital

Plan Proxecta

by Dr. Radut