Skip to Content

PDI: a cociña

Novo reto creativo!

Día do libro

No día do libro contámonos historias feitas por todos/as!

Nos días previos ao 23 de abril, cada clase creou a súa cos ingredientes da pota da nosa cociña e despois agrupámolas nun libro A2 para poder usar nas nosas sesións de contacontos do 23 - A.

Entrevista a unha das cociñeiras máis importantes das Neves!

O reto de maio no PDI: a cociña foi entrevistar a unha das cociñeiras máis significativas das Neves. Na foto deste artigo pode verse o escenario no que desenvolveu, xunto con todo o alumnado do colexio. Previamente toda a cativada traballou nas súas aulas a entrevista, para chegado o día estar familiarizado con este evento. Posteriormente, un grupo pequeno de nenos/as entrevistouna na radio. No blog poderá verse o resultado.

Aprendemos vocabulario relacionado coa alimentación?

Polos corredores do colexio atopamos diferentes carteis relacionados coa alimentación. Aquí un exemplo.

Esperta a túa creatividade

Creamos unha historia?

Creamos unha historia con estes ingredientes?

Cada neno/a do cole, xunto a súa clase, vai crear unha para contarlle aos/as compañeiros/as o día do libro.

E ti anímaste a inventar un contiño?

"A froita".

Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.

Obradoiro de cociña

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla!

 

A arte do "puntillismo".

O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut