Skip to Content

50 aniversario

Graduación 6º de Infantil

O alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o seu paso a Primaria acompañados de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Os antigos alumnos e alumnas do centro foron os encargados de poñerlles as bandas e as orlas. 

Este acto formou parte da celebración do 50 aniversario do centro.

Grazas a todos e todas por participar!


 

Clicando na imaxe podedes ver imaxes do evento.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación Infantil

Graduación 6º de Primaria

O alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou a súa graduación acompañados de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Desexámosvos a mellor das experiencias na nova etapa que iniciades no instituto. Non nos esquezades!

Os antigos alumnos e alumnas do centro foron os encargados de poñerlles as bandas e as orlas. 

Este acto formou parte da celebración do 50 aniversario do centro.


 Clicando na imaxe podedes ver imaxes do evento.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación Primaria

Recordamos aos mestres e mestras que nos marcaron...

Como parte da celebración do noso 50 aniversario, querémoslle facer unha homenaxe a todos aqueles mestres e mestras que pasaron polo noso centro.

Se queres, podes nomear aos teus docentes favoritos facendo clic aquí: mestr@s.

 

50 aniversario.- Celebración formal

Con motivo do 50 aniversario, este sábado 3 recibimos ás autoridades educativas (inspección e xefe territorial) e locais, e inauguramos formalmente o mural da entrada e a nova placa do centro.

Amenizounos a xornada o grupo "Concertino" do Conservatorio Coppelia, de Vigo.

Agradecemos a todos os asistentes a súa presenza, e esperamos que pasaran un bo rato.

Clicando na imaxe podedes ver o álbum de fotos deste evento. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> 50 aniversario

Xornada de Portas Abertas 50 aniversario

O mércores 14 de xuño teremos unha xornada de portas abertas para conmemorar o 50 aniversario do centro.

Disfrutaremos dunhas horas de convivencia na que nos gustaría contar co alumnado que estudou neste centro.

Aproveitaremos para facer a graduación do alumnado de 6º de  Educación Infantil e de Educación Primaria.

Comezaremos ás 11:30 horas.

Novo mural

Iniciamos o terceiro trimestre cun novo mural na nosa fachada.

Os seus vivos colores dannos moita enerxía para enfrontar este novo trimestre!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut