Nesta 4ª sesión dialogamos sobre o lido e estivemos investigando sobre as árbores que pode haber nun bosque e no noso patio. Preparámonos coas botas e os chuvasqueiros a alá fumos a observar o noso medio! Todas as follas das árbores son iguais? Como se chamarán? Fixemos unha colleita de follas e ao chegar a clase investigamos coa axuda do libro Este es mi planeta Árbores, prensamos as follas recollidas para facer máis adiante un herbario e preparamos unha gran lupa (baseada nunha lupa de trazos_class) con cartón, cartolina, cola e pinturas.