Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Magosto

Facemos o magosto

Hoxe celebramos o magosto!

Despois do recreo, todos os nenos e nenas saíron ao patio coas súas cestas, feitas con material de refugallo, para comer as castañas que as nais da ANPA estaban a preparar. 

Tras a merenda, fomos ao ximnasio para facer manualidades relaciondas coas castañas. 

Clicando na imaxe podedes ver todo o que fixemos!

Álbum: Curso 2024-2025 -> Magosto

Celebramos o Magosto

A CASTAÑA QUE REBENTOU DA RISA

 

As alumnas e alumnos de Educación Infantil recreamos o conto "A castaña que rebentou da risa".

Esperamos que vos guste tanto este vídeo como nos gustou a nós o conto.

Podedes velo AQUÍ.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Un ano máis celebramos o Magosto no noso centro. Ao rematar o recreo comezamos cos XOGOS POPULARES. Para iso montamos un circuito de 6 xogos no pavillón. Xogamos aos birlos, ao pano, ao paracaídas, aos zancos ao comecastaña e á roda. Cada turno duraba 15 minutos e ao rematar cambiábase de xogo. Durante hora e media houbo xogos e diversión. 

Ao rematar os xogos fomos todos ao ximnasio a comer todos xuntos como se foramos de excursión. E para finalizar o día comemos unha morrea de castañas que estaban boísimas. 

 

Pasamos un día xenial, aínda que o tempo non axudaou moito. 

 

Deixámosvos aquí en fotos unha pequena mostra da celebración do día. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free photo slideshow

AS NOSAS CESTAS PARA O MAGOSTO - OUR CHESTNUT BOXES

O MAGOSTO 2018

Este ano non puidemos facer a fogata do Magosto, pero isto non impediu que nolo pasaramos xenial. 

Ao rematar o recreo quedamos no patio e xogamos por grupos aos seguintes xogos populares:

- Zancos

- Escondite inglés

- Tiro a castaña (versión canicas)

- Paracaídas

- Guíar o aro

- Pés quedos.

O tempo axudou para que case todas as actividades se puideran facer ao aire libre, as dúas que fixemos no ximnasio, foi debido a motivos organizativos. 

Pero o que máis nos gustou de todo, foi que nos 6 grupos que se formaron, estiveron nenos e nenas de tódolos niveis. Aos pequenos encantoulles verse xogando cos maiores, e os maiores estiveron moi pendentes deles para que o pasaran xenial. Foi fermoso ver como se axudaban uns aos outros e deixaran un pouco de lado o aspecto competitivo que acostuman a mostrar. 

 

Simplemente trataron de divertirse e pasalo ben. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free photo slideshow by Smilebox

UN MAGOSTO DIFERENTE

Un ano máis chegou o Magosto e quixemos celebralo, pero este ano foi un pouco diferente. 

A consecuencia do incendio acaecido nesta comarca no pasado mes ven os nenos que moitas árbores están queimadas, por iso decidimos asar as castañas no forno do colexio sen facer fogueira e comelas despois do recreo. 

E ao rematar a paparota, fixemos a plantación de landras para ter moitos carballos novos que poidamos levar ao monte para trasplantar e por a nosa pequena aportación á reforestación. 

Aquí vos deixamos unhas poucas fotos que mostran esta actividade tan fermosa. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow made with Smilebox

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2016

Aquí vos deixamos por fin a montaxe coas fotos do Magosto.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow personalized with Smilebox

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2015

Desta volta non axudou nada o tempo para facer a camiñata, entón o venres decidiuse facer a fogueira e asar as castañas que tiñamos nas aulas. E sacamos as nosas cestiñas das aulas para enchelas deste froito tan rico. Aquí vos deixamos unhas fotos de recordo. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free digital slideshow

NOTA INFORMATIVA FAMILIAS: SAMAÍN - MAGOSTO

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE SAMAÍN E MAGOSTO NO COLEXIO

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut