Skip to Content

Saídas

Excursión a Humor Amarillo

O pasado mércores todo o cole foi ao parque "Humor Amarillo", no monte Alba, no que os nenos e as nenas desfrutaron dun día de xogos e diversión.

Clicando na imaxe podedes ver algunhas imaxes do día.

Para ver os vídeos, teredes que ir á nosa galería, clicando no enlace da esquerda da pantalla.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Excursión de Fin de Curso

Golf

O mércores 29 de maio o alumnado de 5º de primaria participou nunha xornada de golf no Balneario de Mondariz, onde coñeceron as regras e golpeos máis importantes deste deporte.

Clicade na imaxe para ver tódalas fotos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Golf

Xogos Populares

O xoves 23 de maio o alumnado de 3º e 4º, e o venres 24 o alumnado de 5º e 6º, participou nunha xornada de xogos populares no parque da Canuda (en Salvaterra de MIño) xunto co resto de coles do Condado, desfrutando dunha lúdica xornada.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos populares

Atletismo en Pista

O venres 26 de abril o alumnado de 4o de primaria foi o IFEVI a disputar con outros centros da contorna unha xornada de atletismo en pista.

Que ben o pasamos!

Atletismo en pista

Saída ao teatro, en Vigo.

O alumnado de infantil e primaria visitou Vigo para ver a obra teatral "Tributo Musical al Rey León".

Ao chegar a Vigo, merendamos ao pé do Monte do Castro.

A continuación, desfrutamos do Teatro Musical coas personaxes do Rei León.

Rematamos o día comendo no parque de Castrelos, e xogando ao aire libre.

Facendo clic na imaxe, poderedes ver algunhas fotiños do noso día.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Teatro musical: O Rei León

Xornadas de Cross

Os días 22 e 23 de novembro celebráronse as xornadas de cross organizadas pola asociación ADECONPAR onde participou o noso cole co alumnado de 3º,4º,5º e 6º disfrutando dunhas xornadas de convivencia e deporte, onde incluso tivemos a sorte de acadar algún podium si ben o que máis nos gustou foi o chocolate e as rosquillas que repartieron ao final para todos os participantes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de Cross

Visita a Combarro

O xoves 15 de xuño, o alumnado de 2º e 5º de Educación Primaria visitaron o pobo histórico, artístico e pintoresco de Combarro.

O tempo de lecer e a comida tivo lugar na praia de Lourido, no concello de Poio.

Clicando na seguinte imaxe podedes ver as fotos da saída.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída a Combarro

Visita de Infantil á EFA

O alumnado de Educación Infantil visitou a EFA A Cancela, onde aprenderon a amasar e facer pan. 

Visita ás Illas Cíes

O alumnado de 1º, 3º, 4º e 6º de Educación Primaria visitou o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Gozaron dun tempo estupendo, que lles permitiu explorar a illa, xogar, e ata mollar os pés!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída a Cíes

Radio Bule Bule

O martes 6 de xuño todo o colexio visitou o Auditorio Municipal de As Neves para ver o espectáculo Radio Bule Bule de Paco Nogueiras. 

Cantamos, bailamos e pasamos un bo rato, xunto co alumnado das Escolas de Educación Infantil de Rubiós e Taboexa.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Radio Bule Bule
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut