Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Semana Santa

PROPOSTA PARA SEMANA SANTA

Queridos nenos e nenas e estimadas familias

Desde o Departamento de Orientación queremos achegarvos unha proposta para os vindeiros días, esperando que vos axude a superar mellor esta situación tan insólita e complicada que atravesamos.

Aquí tedes un conto coloreable cuxo protagonista non é outro que o planeta Terra e o antagonista o Coronavirus.

Se podedes descargalo e imprimilo para poder lelo e colorealo, xenial. Se non tedes esa posibilidade, podedes debuxar vós o voso propio conto despois de ler este. Ambas opcións son estupendas.

Ademais, veredes que dentro do conto hai unha parte cara ao final onde se vos presenta unha plantilla para crear un DIARIO. Ao mellor moitos de vós xa o estades facendo. É unha idea fabulosa xa que pode axudarvos a facer balance, manter unha rutina (é interesante que o cubrades cada día) e volcar os vosos sentimentos e pensamentos durante este período de tempo. Pensade tamén que será moi interesante poder lelo dentro de moitos anos!

Podedes usar a folla modelo incluída no conto coa axuda das vosas familias. Tamén podedes buscar un caderno pola casa e facer nel o voso propio diario. Calquera proposta ou idea nova que teñades ao respecto será fantástica!

ENLACE AO CONTO

 

Tamén nos gustaría facer chegar ás familias os seguintes consellos psicolóxicos co ánimo de que poidan servir de

axuda nestes momentos que poida que sexan unha montaña rusa emocional.

 

ENLACE Á GUÍA

 

E por último queremos deixarvos este diploma para os peques da casa. 

 

DIPLOMA 

 

Quedando á vosa enteira disposición, 

 

 

O Departamento de Orientación

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut