O día de Rosalía celébrase tal día coma hoxe, 23 de febreiro, e para conmemorar a esta escritora fíxose unha exposición de libros sobre ela e cada aula traballou coa súa poesía a nivel xeral e a nivel concreto o "caldo de Rosalía".
Polo Día de Rosalía, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, propuxémoslle ao alumnado investigar sobre a vida de Rosalía de Castro. Neste vídeo podedes ver o resultado.
Este ano decidimos dedicar o Día de Rosalía a recitar algúns dos seus poemas. Cada aula elexiu o que máis lle gustou, memorizárono e logo fomos ao ximnasio para recitalo diante dos demais compañeiros do colexio. Unha actividade que os pareceu moi chula.
PICADE NA IMAXE PARA VER TODOS OS VÍDEOS DO RECITADO
Este ano celebramos o día de Rosalía dun xeito un pouco diferente. Quixemos visibilizar a importancia que Rosalía ten para a Lingua Galega. Para iso preparamos nas aulas uns mapas de Galicia nos que puxemos imaxes e poemas de Rosalía.
Logo saímos á vila e colocamos os mapas nas ventás de diferentes establecementos e no Concello.
Deixámosvos aquí unha mostra dos traballos e do día no que saímos.
Como vén sendo costume, celebramos no centro o día de Rosalía con moitísima ilusión. E porén sempre facemos diversas actividades para dála a coñecer ao alumnado.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos que se fixeron:
Outra das actividades consistiu na saída ao Auditorio, a onde nos convidou o Concello, para ver á obra "A viaxe de Rosalía" interpretada por Larraitz Urruzola